O Tribunal Supremo ditou sentenza poñendo fin á polémica suscitada ao redor da posible creación dunha comisión “ad hoc” para a negociación dos Plans de Igualdade.
Temos que lembrar que este é un dos puntos candentes sobre a nova norma de Plans de Igualdade que, pese debaterse no ámbito do diálogo social, finalmente a patronal mostrouse en desacordo con este asunto, facendo apuntamento de que a norma beneficiaba aos sindicatos, posto que cando non existe representación das persoas traballadoras na empresa, deben ser os sindicatos mais representativos quenes acudan á negociación do plan.
Tanto é así, que a CEOE expuxo recurso contencioso-administrativo contra o RD 901/2020 ante o Tribunal Supremo por esta cuestión hai poucos días.
Con todo, a Sala do Social, xa se posicionou sobre a lexitimidade para a negociación dos Plans de Igualdade. O alto tribunal estima que non é posible o uso da comisión “ad hoc” para a negociación dos Plans de Igualdade, xa que en palabras do Tribunal Supremo: “a negociación dos plans de Igualdade, dada a relevancia dos obxectivos perseguidos polo lexislador para asegurar a Igualdade efectiva entre homes e mulleres, debe acometerse necesariamente polos suxeitos lexitimados para a negociación dos convenios de empresa”.
O uso da comisión “ad hoc”, tan só debe ser utilizada nos casos excepcionais que a norma o contemple, e así o lembra o propio tribunal na sentenza. Estes casos son: os períodos de consulta da mobilidade xeográfica (art. 40 ET) e as modificacións substanciais colectivas (art. 41 ET), a suspensión de contratos e a redución de xornada (art. 47 ET), o despido colectivo (art. 51 ET) e a inaplicación de convenio (art. 82.3 ET).
Tamén deixa claro o Tribunal, facendo unha recompilación da doutrina polo establecida, dos casos nos que a empresa podería implantar un Plan de maneira unilateral sen considerarse este nulo, así fai mención á STS 13 de setembro de 2018, na que se establecía como exemplos para poder facer este despregamento unilateral, a cal califica significativamente como “provisional”, “o bloqueo negociador imputable exclusivamente á contraparte”; “a negativa da mesma a negociar” ou “a ausencia de calquera tipo de representación”.
O impacto que esta sentenza ten sobre os Plans de Igualdade é significativo, posto que aqueles plans que se negociaron cunha comisión “ad hoc” poderían ser impugnados, aqueles que vaian ser rexistrados e podería atopar obstáculos, e por suposto, os plans que están en proceso de negociación por esta vía non deberían seguir o seu curso, a empresa tería que convocar aos sindicatos mais representativos a risco de ver posteriormente anulado o plan.