Traballamos pola Igualdade. Defendemos os teus dereitos.
Estamos a vivir unha gravísima crise sanitaria, provocada pola Covid-19, cunhas consecuencias que están a ser devastadoras para a nosa sociedade e economía, e onde os Servizos Públicos estiveron na primeira liña de resposta.
Este 8 de marzo desde FeSP-UGT Galicia, manifestamos a importancia duns Servizos Públicos, universais e de calidade para construír unha sociedade plenamente democrática, xusta, inclusiva e solidaria na que facer efectiva a Igualdade de mulleres e homes.
Accede ó Manifesto e coñece as liñas de actuación que defendemos.