Logo dunha negociación complexa, cunha patronal partindo de importantes recortes e nun marco de pandemia, a UGT Servizos Públicos decide asinar o preacordo do VII Convenio Colectivo de Ensino Concertado.
O preacordo demostra que, como defendeu insistentemente UGT desde antes mesmo de empezar a negociación, había marxe suficiente como para evolucionar as condicións de traballo no ensino concertado.
Consta de 12 puntos básicos que moderniza, de forma estrutural, o articulado para definir o marco laboral do Ensino Concertado para os próximos tres anos.
Son os seguintes aspectos:
- Ámbito temporal e ultraactividade garantida.
- Máis dereitos sociais e unha regulación dos permisos retribuídos.
- Nova excedencia para vítimas de violencia de xénero e proposta de reserva pactada na excedencia voluntaria.
- Novos prazos nos cesamentos voluntarios para acceder a centros públicos.
- Rebaixa de xornada laboral do PAS.
- Nova regulación do contrato eventual para causas excepcionais.
- Aclaración dos conceptos de vacacións e períodos sen actividade.
- Creación de novos ámbitos de negociación para sexenios e novos complementos salariais no ámbito autonómico.
- Modificación dos puntos 7 e 17 do acordo de rexistro de xornada de data 6 de xuño de 2019.
- Creación dunha Comisión de Traballo para unha nova regulación da xornada de traballo ou clasificación profesional entre outros asuntos.
- Creación do espazo de negociación autonómica para regular a redución da xornada laboral dunha hora lectiva para o persoal docente maior de 58 anos.
- Actualización salarial e límite de 3 meses cada ano para asinar as novas táboas salariais.
Como debemos valorar estre preacordo? Que perspectivas temos de cara á firma do Convenio?
Todos os detalles no noso Informa-t adxunto.