Sectores

Funcionarización: Publicación en DOG das resolucións de convocatorias de diversas categorías dos grupos I, II e III


 Podes acceder ás publicacións a través dos seguintes enlaces:

  • Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.
  • Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

SOLICITUDES.

  • O persoal laboral fixo que desexe participar no proceso deberán facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado gratuitamente na internet.
  • O prazo para formalizar telematicamente as solicitudes será de 20 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.