Sectores

Comisión superior de persoal Xunta de Galicia


Orde que desenvolve o decreto de atención á diversidade

Logo da exposición por parte da Administración das alegacións admitidas ao texto,

Ugt manifestou:

Que o documento foi requirido desde o órgano negociador correspondente, Comité Intercentros, polo que traelo hoxe para a súa aprobación na Comisión de Persoal é vulnerar o paso preceptivo, en tanto que si foi tratado na Mesa Sectorial de Ensino.

En segundo lugar que o documento obxecto de votación, atende en gran medida ás alegacións realizadas por UGT ao respecto do articulado que fai referencia ao persoal laboral, das alegacións presentadas na Mesa Sectorial de Ensino so se acepta unha, a que  fai referencia á redución de ratio dos agrupamentos flexibles  que pasan a ser de 10 a 8 alumnos e alumnas en Educación Primaria, e de 12 a 10 na Educación Secundaria

Ao respecto do articulado, no ámbito do persoal laboral:

  • Requiríase no artigo 57, do apoio do profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e/ou en Audición ou Linguaxe, no seu punto 1 se atenda á supresión da excepcionalidade de atención a outro tipo de alumnado, así como incluír como remate do parágrafo “e a educación de adultos”. Alegación non atendida.
  • Solicitábamos a inclusión, dentro do artigo 79, dos recursos profesionais, que entre os mesmos se contemplase o persoal fisoterapeuta. Non aceptado.
  • Ao artigo 80, do persoal auxiliar coidador como recurso, requirimos que expresamente se recollese a supervisión técnica e cualificada dos cambios posturais por parte de persoal fisioterapeuta ou TCAE. Non aceptado.
  • Solicitase a aclaración ao respecto do apartado d) do artigo 80, en tanto que podemos deducir que “contribuír ao seu coidado durante todo o período lectivo, mesmo dentro da aula cando resulte necesario”, sen aclaración pode supor a incorporación sen maior control do persoal en momento lectivo, debendo puntualizar o concepto, posto que entendemos que se pode chegar a un grao de discrecionalidade total. Débese concretar quen indica esa necesidade, o proceso de ensinanza-aprendizaxe é función docente e non do coidador. Precisase pautar e concretar esa necesidade e excepcionalidade a risco de convertela en normalidade.
  • Aténdense ás nosas alegacións ao respecto de:
    • Administración de medicamentos, retirándoa das funcións.
    • Concreción das actividades extraescolares.
    • A delimitación de funcións de contido análogo ás previstas no articulado, evitando a xeneralización da redacción o documento inicial.
    • Ao respecto da ratio, modúlase reducindo de 1/7 a 1/6, si ben é certo que se minora debera ir asociada en función das características específicas do alumnado a atender.
    • Sobre o artigo 81 dos intérpretes de lingua de signos nos centros docentes:
      • Acéptase a inclusión do termo guía-intérprete de persoas con xordocegueira.
      • Recóllese as alegacións realizadas ás súas funcións.

Aprobouse coa abstención das 4 Organizacións Sindicais

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.