xuntanza comisión de seguimento
acordo de concertación
Na Comisión de Seguimento do Acordo de Concertación do Emprego Público de Galicia celebrada o día 9 de abril de 2021, os sindicatos asinantes do mesmo acadamos unha serie de acordos coa DXFP co obxecto de avanzar na execución das cláusulas do Acordo e que ademais veñen a aclarar dúbidas e resolver problemas relacionados cos seguintes temas:
- Inicio dos traballos sobre redución de xornada e compensacións no ámbito da Consellería de Política Social. Compromiso de iniciar o estudio da proposta do desenvolvemento dun plan para o establecemento doutras xornadas anuais inferiores para o persoal con xornadas a quendas, nocturnas ou especialmente penosas no ámbito da Consellería de Política Social.
- Aclaración sobre a continuidade das adscricións temporais no contexto da funcionarización. Sobre as recentes Instrucións da dirección xeral de Función Pública sobre as adscricións provisionais e a funcionarización: o DXFP afirma que se emitirán instrucións para a transformación das adscricións temporais que se estean desenvolvendo en comisións de servizo, de tal forma que aquelas continúen tal como foron concedidas sempre que se cumpran os requisitos para o seu mantemento. O resto de adscricións temporais poderán manterse vixentes, incluso despois do 30 de xuño.
- Concurso de traslados. Unha vez rematados os concursos de traslados que se estean desenvolvendo, convocaranse concursos de traslados empezando polas escalas de Política Social.
- Carreira profesional extraordinaria. Compromiso de abrir o prazo para solicitar o 2ªº Grao de carreira profesional e o 1º Grao extraordinario para todo o persoal que cumpra os requisitos.
- Determinación de criterios homoxéneos sobre a actuación dos tribunais de selección. Criterios homoxéneos para a actuación dos tribunais nos procesos de estabilización/consolidación en relación ás notas de corte e superación de fase de oposición.
CONCLUSIÓN.- Cando xorden problemas, mentres uns intentamos resolvelos para seguir avanzando na mellora das condicións dos traballadores e traballadoras desta Administración, outros, distorsionando a realidade, utilízanos en beneficio propio para espallar inquedanza e fomentar a confrontación. En definitiva, mentres uns tratamos de construír e avanzar, outros unicamente pretenden destruír e retroceder.