Información Xeral sobre o Pacto – Publicación de listas:
- Bloque 3: Celador, celador QDI, Grupo Auxiliar da función Administrativa, PSX, Técnicos en:dietética e nutrición, documentación sanitaria, hixiene bucodental, imaxe para o diagnóstico clínico, laboratorio de diagnostico clínico, radioterapia finais de mes de abril.
- Bloque 4: de Psicólogo, farmacéutico AP, Fisioterapeuta, logopeda, médico 061, médico especialista en medicina do traballo, odontólogo AP, Terapeuta ocupacional : Listas provisionaissemana do 19 de abril, e definitivas en maio
- Bloque 5: listas provisionais de oficios, albanel, pinche, telefonista etc : mes de maio
- Bloque 6: Grupo xestión administrativa, técnico en prevención de riscos laborais, L17-ATS/DUE, inspector farmacéutico etc.. Listas provisionais en maio
Proposta do 061, Puntuación adicional outras categorías: medico/a asistencial e enfermeiro/a do 061:
Queda aprobada esta puntuación. Dende FeSP-UGT manifestamos que non somos firmantes do plan de continxencia e que polo tanto xa non estamos dacordo con dita puntuación, e que tíñase que levar a reunión de plan de continxencia. Acordase polo resto das centrais excepto CIG e FeSP-UGT a concesión de dita puntuación adicional.
Proposta de acordo sobre un réxime transitorio para a aplicación das listas de aspirantes de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria:
FeSP-UGT Consideramos que non procede establecer un réxime transitorio despois de case un ano da publicación da lista provisional.
Para o único que serve este réxime transitorio é para que se sigan realizando nomeamentos sen criterios obxectivos e nun réxime de total desigualdade.
É por todo isto que desde a FeSP-UGT manifestamos ao SERGAS o noso rexeitamento ao réxime transitorio, solicitando que se publiquen xa as listas de Facultativos Especialistas de Área de Atención Hospitatalaria.