Sectores

Egap: Convocatoria curso prevención de riscos laborais (primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación)


Publicada hoxe en DOG a Resolución de convocatoria dun curso de prevención de riscos laborais (primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación), dirixido a persoal:

  • Dos equipos de alarma e evacuación
  • De primeira intervención e de primeiros auxilios
  • Que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, dos seguintes centros de traballo:
    • Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Ourense.
    • Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Ourense.
    • Oficina de Emprego de Ourense-A Ponte.
    • Oficina de Emprego de Ourense-Centro.

Requisitos das persoas participantes:

Encontrarse en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Curso:

    • Modalidade: presencial.
  • Duración: 12 horas.
  • Edicións: cinco
    • Organización e actuación dos grupos de acción en caso de emerxencia.
    • Primeiros auxilios:
      • Conceptos básicos.
      • Cuestións prácticas.
    • Incendios: conceptos básicos, axentes extintores, equipos de protección contra incendios. Prácticas con lume real: os extintores.

Solicitudes e prazos:

  • Prazo de solicitudes: oito días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
  • As solicitudes de participación nas actividades formativas poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo:

https://egap.xunta.gal/matricula

Desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.

Enlace á Resolución:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210407/AnuncioO150-290321-0001_gl.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.