Sectores

Retómase o proceso de vacinación


Vimos de manter unha reunión sobre a vacinación con representantes das Consellerías de Educación e Sanidade na que se perfilaron os seguintes temas.

 

No sector do ensino:

  • Reanúdase o plan de vacinación e amplíase ata os 65 anos o uso da vacina de AstraZeneca. En función do número total de vacinas recibidas o luns (ata o de agora chegaron 12.000 das 22.000 previstas), decidirase se o martes  se comeza a vacinación seguindo o acordo de priorización ou por orde alfabético comezando pola letra H. 
  • Con respecto ó persoal en situación de IT seguirase o procedemento que se viña aplicando: chamarase no momento do volcado de datos despois da súa incorporación.
  • O procedemento a seguir co persoal de comedores de xestión indirecta determinarase nunha próxima reunión das ANPAS con estas dúas Consellerías.
  • Os alumnos que estean a realizar prácticas en centros de traballo seguirán a orde de prioridade valorada pola Consellería de Sanidade. Pedirase o listado de alumnado de FP do ámbito sociosanitario.

 

A nivel de poboación xeral:

  • Xa están rematando de inmunizar ás persoas de 80 anos con vacinas doutras marcas.
  • As persoas con tratamento oncolóxico, pacentes inmunodeprimidos e as persoas maiores de 40 anos con Síndrome de Down, vacinaranse na franxa de idade de 70 a 79 anos. 
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.