Sectores

Publicación de modificación da normativa de recoñecemento das competencias profesionais.


Publicado en BOE o Real Decreto 143/2021, do 9 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.

Para as persoas interesadas nos procedementos de recoñecemento de competencias é importante resaltar que:

As administracións competentes manterán aberto un procedemento de avaliación e acreditación das competencias profesionais, adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, con carácter permanente. Este procedemento permanente estará referido á totalidade das unidades de competencia profesional incluídas na oferta existente de Formación Profesional de cada comunidade autónoma vinculada ao Catálogo Nacional das  Cualificacións Profesionais.

As administracións competentes garantirán o inicio do procedemento para cada cidadán. O prazo máximo para resolver será de seis meses desde que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico. No caso de que non se dite resolución expresa en prazo, a solicitude presentada entenderase desestimada por silencio administrativo.

Poderanse utilizar os permisos individuais de formación, para a realización dos procesos.

MODIFICACIÓN DOS REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO:

Modifícanse os apartados 1. c).1) e 2) e 1.d) do artigo 11, coa redacción seguinte:

c) Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:

  • No caso de experiencia laboral. Xustificar, polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos 15 anos transcorridos antes da presentación da solicitude. Para as unidades de competencia de nivel I, requiriranse 2 anos de experiencia laboral cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.
  • No caso de formación. Xustificar, polo menos 300 horas, nos últimos 10 anos transcorridos antes da presentación da solicitude. Para as unidades de competencia de nivel I, requiriranse polo menos 200 horas. Nos casos nos que os módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar contemplen unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nos devanditos módulos.

d) Nos casos en que as unidades de competencia profesional que se van a valorar conten, pola súa natureza, con requisitos adicionais, posuír documento xustificativo de cumprir cos devanditos requisitos

EFECTO DAS ACREDITACIÓNS OBTIDAS.

Modifícase o artigo 19, coa redacción seguinte:

A acreditación dunha unidade de competencia adquirida por este procedemento ten efectos de acreditación parcial  acumulable, coa finalidade, no seu caso, de completar a formación conducente á obtención do correspondente título de formación profesional ou certificado de profesionalidade.

A administración competente recoñecerá as unidades de competencia acreditadas, que terán os seguintes efectos.

  1. Convalidación dos módulos profesionais correspondentes, segundo a normativa vixente, e que se establece en cada un dos títulos.
  2. Exención dos módulos formativos asociados ás unidades de competencia dos certificados de profesionalidade, segundo a normativa vixente, e que se establece en cada un dos certificados.

Enlace á publicación:  https://www.boe.es/boe/dias/2021/03/10/pdfs/BOE-A-2021-3700.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.