Como parte do seguimento do Plan de vacinación do profesorado, vimos de participar na reunión convocada pola Dirección Xeral de Saúde Pública que contou como asistentes coas organizacións sindicais máis representativas, a patronal do ensino concertado e privado, e as ANPAS entre outros colectivos vinculados ó ensino.
Destacamos a seguinte información da Consellería, ás preguntas dos asistentes:
- No ensino público recibiron a primeira dose 26.000 docentes menores de 55 anos o que supón unha taxa de aceptación do 90%.
- Seguirán revisando periodicamente a situación do persoal en IT segundo os listados que se lles envíen que se cruzarán coa información da tarxeta sanitaria. Os mutualistas de Muface que teñan asistencia sanitaria privada tamén serán dados de alta nas bases de datos do SERGAS.
- As máis de tres mil persoas que compoñen o persoal non docente destinado en centros públicos están comezando a ser citadas, por orde de prelación, en horario de tarde.
- Tras un cruce de discrepancias entre a patronal da Concertada e a Consellería que orixinou algún retraso, acabou de depurarse un listado que recolle datos de 8.000 persoas traballadoras neste sector. De entre elas, hai 6.000 menores de 55 anos que están a ser convocadas para a vacinación.
Con respecto á posta en marcha da vacinación do colectivo de ensino, entendemos que se puideran producir desaxustes que en todo caso foron provocados pola escasa planificación atribuída á urxencia. Valoramos o feito de que antes de tres semanas, se todo vai como ata o de agora, estarán vacinadas máis de 40000 persoas
Confiamos tamén en que os atrancos que se produciron no inicio non se repitan xa que durante o periodo mínimo de 12 semanas de espera, se terá tempo para unha planificación que non interrumpa a vida dos centros. Aínda maís cando nos comentan que hai estudos que indican que no caso de ASTRA-ZENECA extender este periodo podería mellorar a efectividade das vacinas.
Sobre todo, valoramos o enorme esforzo que o persoal sanitario e non sanitario do SERGAS está a realizar tanto antes, como durante a PANDEMIA e tamén agora no proceso de vacinación. Estase a vacinar todos os días, mañá e tarde, sábados, domingos e festivos. Consecuencia diso teremos a todo o colectivo vacinado en menos de tres semanas.
Unha vez máis: resulta obrigado VALORAR O ESFORZO DOS PROFESIONAIS DO SERGAS QUE ESTÁN A VACINAR TODOS OS DÍAS. Somos conscientes do esforzo e do proceso. Pedimos que se traslade ós sanitarios e non sanitarios a nosa felicitación.
Para acceder á información detallada sobre a reunión preme no noso Infórmate.