Sectores

Egap Plan formativo en materia de igualdade e violencia de xénero para o ano 2021

 

 

 Publicada hoxe a Resolución de convocatoria as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero

DESTINATARIOS:

Persoal que se atope en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade/paternidade, adopción ou excedencia polo coidado dun/ha fillo/a ou dun/ha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II, ao servizo de:

  • Administración pública da Comunidade Autónoma
  • Entidades públicas instrumentais
  • Administración institucional
  • Administración de xustiza de Galicia
  • Entidades locais de Galicia
  • PAS das tres universidades do SUG

DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN:

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web:

https://egap.xunta.gal

SOLICITUDES:

  • Prazo de presentación:
    • 10 días a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
  • Só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática, dispoñible no enderezo:

https://egap.xunta.gal/matricula

  • Desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
  • O número máximo de cursos que se poden solicitar: tres.

Para as dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria:

  • Teléfonos: 981 54 62 57 e 981 54 63 35 en horario de 9.00 ás 14.00 hs.
  • Correo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

Podes consultar a Resolución no enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210308/AnuncioO150-260221-0001_gl.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.