Finalizado o proceso selectivo, pola quenda de , na de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, e acreditado o cumprimento dos requisitos polas persoas aspirantes que o superaron, publicase hoxe en DOG, a Resolución que convoca para a . A elección de destino será mediante tramitación electrónica.
- Anexo I:
- Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocadas á elección de destino.
- Anexo II:
- Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación.
PROCEDEMENTO:
- Acceso á aplicación informática para a elección de destino:
- Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación.
- No prazo máximo de 3 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.
- No suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático de Función Pública, (881 99 98 83), para que se lle faciliten os datos necesarios.
- Transcorrido o prazo anterior, abrirase un prazo de 10 días hábiles para que seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
- A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos»: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos
- Selección de destinos, proceder da seguinte forma:
- Accederá ao seu expediente electrónico.
- A persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións:
- Escoller posto
- Renuncia
- Solicitude de excedencia
- De elixir a opción «Renuncia»:
- Deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia.
- A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal laboral fixo da categoría a que accede.
- De elixir a opción «Solicitude de excedencia»
- Deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia.
- A continuación, a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan.
- Ás persoas aspirantes que:
- Non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou
- Seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino ou
- Non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución
Seranlles adxudicados en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.
SOLICITUDE DE EXCEDENCIA:
- As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por incompatibilidade
- Deberase manifestar por medios electrónicos e, no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro
- A esta solicitude deberán achegar unha copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados debidamente asinada.
ADXUDICACIÓN DE DESTINOS AUTOMÁTICA:
- Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática:
- en función do grupo e categoría a que se accede e
- da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e
- atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.
- A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.
- As persoas aspirantes nomeadas persoal laboral fixo e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.
- As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar ás prazas que se oferten na elección de destino definitivo.
INFORMACIÓN PARA O USO DA APLICACIÓN INFORMÁTICA:
Estará á disposición das persoas aspirantes na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos
Enlace á Resolución:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210302/AnuncioG0597-220221-0002_gl.pdf