Sectores

Procesos selectivos


  • FISIOTERAPIA ANUNCIO 1º EXERCICIO
  • FUNCIONARIZACIÓN: PROBAS DAS PERSOAS QUE XUSTIFICARON AUSENCIA OS DÍAS 3 E 4 DE OUTUBRO 2020

Publicada hoxe a Resolución do tribunal do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, da Administración especial.

Primeiro exercicio da oposición

  • 14 de marzo de 2020
  • En chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas
  • Pavillón nº 1 do recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.
  • Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.
  • Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles

PROCESOS DE FUNCIONARIZACIÓN:

Acordos da comisión designada para xulgar os procesos polo que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test para aquelas persoas que xustificaron a súa ausencia nas probas dos días 3 e 4 de outubro de 2020. As probas terán lugar o día 16 de marzo, ás 16 horas, en chamamento único na EGAP en Santiago de Compostela, coa seguinte distribución:

  • Subgrupo A2 Aula núm. 7.
    • Categoría 002 ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE
    • Categoría 006 Educador/a. Profesor/a especial
    • Categoría 017 Asistente social
  • Subgrupo C1 Aula núm. 7
    • Categoría 050
  • Subgrupo C2 Aula número 11.
    • Categorías 001,028, 030 Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista (…), auxiliar produción-dirección e auxiliar formación ocupacional
    • Categoría 003 Auxiliar sanitario. Auxiliar clínica. Auxiliar psiquiátrico (…)
  • Persoal subalterno da agrupación profesional Aula núm. 11
    • Categoría 003 Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas (…)
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.