Na Mesa Sectorial de 2 de marzo relativa á modificación da Orde de convocatoria de oposicións, que vimos de celebrar, confirmáronse os seguintes aspectos de interese:
- O persoal interino e substituto que xa consolidara posto non terá necesidade de presentarse no proceso selectivo (tal como se aprobou o 26 de febreiro na disposición transitoria do Acordo do Persoal Interino). Non obstante, só se procederá ás devolucións de taxas no caso de persoas inscritas que resulten excluídas.
- Producirase un incremento de tribunais e locais en grandes cidades para reducir mobilidade cunha media de 74 aspirantes por tribunal. Por mor diso é posible que nalgún tribunal se precise nomear a funcionarios dunha especialidade afín do mesmo corpo ou dun corpo superior.
- As probas de acreditación de castelán e galego, ubicaranse en Santiago e, se fose preciso segundo o número de aspirantes, estarán distribuídos en 2 ou 3 centros atendendo ás condicións sanitarias.
- O proceso selectivo NON se iniciará o mesmo día para todas as especialidades para conseguir unha mellor distribución dos opositores. Si que coincidirá, sen embargo, o inicio do proceso selectivo no caso dos mestres xa que na inscrición poden elexir localidade.
- O persoal aspirante será convocado como mínimo con 5 días hábiles de antelación da primeira proba para indicar a data hora e lugar no que se realizarán os actos.
- Non se realizará o acto de presentación e as dúbidas que teñan os aspirantes poderán resolverse a través da páxina web que se habilitará no seu momento para o seguimento do proceso selectivo.
- Establécese o 10 de xullo como data alternativa para os afectados por illamento de COVID sempre que dentro dun prazo máximo de 48 horas despois da finalización da primeira proba lle comuniquen ó tribunal a súa situación de illamento ou corentena.
- No caso das aspirantes embarazadas, se non poden acudir a un chamamento, o tribunal terá potestade para adecuar a situación ás necesidades da aspirante do xeito que considere máis oportuno.
- Rematado o procedemento, publicaranse os enunciados das probas prácticas e, cando proceda, as solucións destes.