Publicada hoxe en DOG a Orde que se regula o procedemento e se aproba o modelo normalizado de solicitude.
OBXECTO
- Regular o procedemento de presentación de solicitudes de inclusión nas listas de contratación temporal
- de persoal funcionario e persoal laboral da Administración xeral e
- de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) LOFAXGA,
- Aprobar e dar publicidade:
- ao modelo normalizado de solicitude do anexo I a esta orde (código de procedemento administrativo AP522T)
- así como a outros modelos normalizados aplicables na tramitación do procedemento de presentación de solicitudes (anexos II e III).
REQUISITOS INDISPENSABLES:
- Posuír a titulación ou formación académica esixida para cada grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade.
- Os demais requisitos legalmente esixidos para participar na convocatoria pública das correspondentes probas selectivas na data de presentación da solicitude de inclusión na lista.
- Os requisitos establecidos para cada grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade nas convocatorias de apertura de listas.
- Deberán posuír o nivel de coñecemento da lingua galega previsto no artigo 8 do Decreto 37/2006
FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN
- Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes
- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente (artigo 16.4 da Lei 39/2015)
- Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- O prazo de presentación de solicitudes:
- No caso de listas elaboradas que se encontren en xestión, esténdese desde o día 1 de marzo ata o 30 de abril de cada ano, e estas elabóranse no período comprendido entre o 1 de xuño e o 31 de decembro.
- As solicitudes poderanse presentar, así mesmo, no prazo establecido nas resolucións da Dirección Xeral da Función Pública de apertura do prazo de presentación de solicitudes de inclusión en listas
- Modelos normalizados
- Estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas na sede electrónica da Xunta de Galicia
Podes acceder á publicación en DOG da Orde no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210226/AnuncioG0597-220221-0003_gl.pdf