Sectores

Para unhas oposicións máis seguras: Mesa Sectorial xa


FeSP-UGT, xunto coas outras OOSS con representación na Mesa Sectorial, vimos de enviar unha petición ó Presidente da Mesa Sectorial Docente non Universitaria para solicitar que se convoque unha reunión acerca da celebración das oposicións.

 

Non é de recibo que a día de hoxe a consellería manteña a incerteza sobre como vai garantizar a celebración das oposicións e cales serán as medidas extraordinarias que se deben tomar.

 

Non podemos deixar á improvisación un proceso que afecta a milleiros de persoas nunha situación de pandemia como estamos a vivir.

 

Dende a FeSP-UGT consideramos que xa e tempo de levantar a incerteza coa que conviven as persoas opositoras no tocante á organización das probas e á súa propia seguridade.

 

Toda a información no adxunto:

Solicitude de Mesa Sectorial para tratar das oposicións

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.