GRUPO DE TRABALLO TÉCNICO:
A administración expón a intención de constituír un grupo técnico dentro da Comisión para o estudo do encadre dos postos que contén o actual borrador da RPT, cos que debería conter a Oferta de Emprego Público dos anos 2020 e 2021. Remitirán, para o análise dentro do grupo de traballo, o último borrador de RPT e dous cadros que conteñen a evolución de efectivos do Consorcio e os postos do convocados na OPE.
Expoñen sucintamente os datos contidos en ambos cadros:
- CADRO DE POSTOS:
- Totais de todas as categorías:1.741
- Si ao total de prazas (1.741) se descontan as prazas de tempo parcial 26, as de persoal fixo (194) e toda a oferta do 2020 quedan 273. É dicir que se na ope do 21 se fose ao 100% habería que incluír 273 prazas.
- O grupo de traballo deberá comprobar a concreción dos datos e a súa desagregación por escalas e especialidades.
- CADRO DE EVOLUCIÓN DE EFECTIVOS:
- Contén a evolución de efectivos do Consorcio desde 2013, concretando a dos anos 2016 a 20. Reflectindo un incremento de 1.615 prazas no ano 2016 a un total de 1.741, no ano 2020. Ese incremento de 126 prazas non poderían contabilizar como prazas de estabilización nin de consolidación por non estar dentro do corte que se establece do período do Acordo de concertación.
- A diferencia entre os 126, que non poden contabilizar e os 273, resultantes da diferencia da totalidade das prazas menos o xa ofertado, persoal fixo e de tempo parcial son 147 prazas.
O GRUPO DE TRABALLO:
- Estará constituído por un integrante de cada Organización Sindical asinante do Acordo do Consorcio, participando representación da Dirección Xeral da Función Pública e do Consorcio. A súa primeira reunión será o vindeiro luns.
- Debe analizar todas as sentenzas de indefinición que podan aparecer, co obxecto de incluílas en consolidación e as prazas estruturais ocupadas ininterrumpidamente do ano 15 ao 18 a fin de incluílas en estabilización, o resto podería incluírse en taxa de reposición ordinaria, co fin de que se poda completar a oferta próxima ao 100% entre a oferta do ano 20 e a do 21. Incluirase no cómputo do persoal indefinido non fixo, aquel que ten esa consideración a través de resolución administrativa.
- Debe intentar chegar a un acordo que conclúa que son 1.741 as prazas en RPT e o decreto de Oferta deberá contemplar chegar máis ou menos a esa cifra salvando as circunstancias antes sinaladas.
- A OPE debería estar negociada e aprobada no mes de marzo, para o que se solicita a maior celeridade do grupo de traballo na revisión dos datos.
- Non é obxecto de negociación do grupo as cuestións de RPT, senón do ámbito correspondente, a misión do grupo de traballo é corroborar a cuantificación numérica de prazas e o seu encaixe en OPE nos supostos que lles podan corresponder, co obxectivo último de eliminar a alta taxa de temporalidade que se arrastra no Ente.
- A mediados de marzo intentarse aprobar a OPE e posterior ou parelelamente, cando teñan a cuestión dos postos clarificada, rematar á negociación da RPT.
- Deberá analizar a problemática sobre a escala de Educador/a e Mestre/a de Educación Infantil:
- Na OPE saíron como prazas de Educadores/as aquelas que poden ser ocupadas por Mestres/as de educación infantil, porque así está recollido na redacción actual da LEPG.
- Débese analizar si esta especialidade de educación infantil de 0 a 3 debe realizar un mesmo proceso selectivo que aqueles educadores que desenvolven o seu traballo dentro do ámbito de menores ou centros da Consellería de Política Social. E necesario aclarar esta situación antes de realizar a convocatoria.
- Sobre a problemática das titulacións, afirma que se pode facer algún tipo de cambio na LEPG, hai que escoitar á Consellería de Política Social e á de Educación e Consorcio, tomando como base o informe de Educación e as opinións das OOSS. Considera que a efectos de titulación non hai que ir tanto á titulación que teñan os titulares como á que terían que ter, ou sexa o que marque a normativa, podendo establecer algunha moratoria para que se poda obter a mesma. Haberá que adaptar a RPT ás denominacións de escalas adecuadas conforme á norma, sendo un dos temas de calado que afecta a bastante persoal estamos todos na obriga de atopar a solución que se adapte á normativa. Considera que é factible a realización dun cambio que cree dúas especialidades pola vía de Decreto non sendo necesario esperar á modificación da Lei.
LISTAS:
- A Dirección Xeral está traballando con AMTEGA na adaptación de notificacións, xa houbo avances importantes no programa de listas que permitirá a integración do Consorcio.
- Estase traballando na unificación das listas e dentro duns días comentarase coas OOSS os problemas que derivan da refundición de listas de persoal laboral e de funcionario. Hai determinados casos, correspondentes a escalas especiais que non teñen problema, o problema é onde hai dúas listas, isto sucede con categorías e especialidades xenéricas
- Están adaptando a integración completa que incluirá as listas do Consorcio.
- Os chamamentos serán todos de persoal funcionario no momento en que estean integrados.
- Sacarán unha lista provisional, onde se fusionen, para realizar alegacións.
PROCESOS SELECTIVOS.
- Formato:
- Será de concurso-oposición con valoración de méritos do 40%, o máximo permitido por Lei, distribíndose en 35 de experiencia e 5 de formación.
- Os programas:
- Serán máis reducidos que os habituais.
- Algúns poden corresponderse cos aprobados para a OPE Social.
- As especialidades de Mestres, Texis, Auxiliar coidador/a, PSX e Xerocultor poden ter os programas xerais aprobados para o C1, C2 e AP, e o temario específico de entre 14, 16 ou 20 temas.
- Ao igual que se fixo nos procesos de estabilización e de consolidación o sistema na maioría das especialidades, por non dicir todas, intentarase ir a un só exame, un proceso que poda ser rápido.
- A idea é sacar primeiro aquelas categorías que non están convocadas nestes momentos, non queren duplicar procesos, é dicir si hai psicólogos convocados ata que remate o proceso actual non se convocará a nova correspondente á prazas do Consorcio, pero aquelas outras categorías que non están convocadas si se poderían convocar canto antes para proceder a súa realización cando a situación sanitaria o permita.
- Están abertos á negociación dos méritos a valorar, optando por formular un sistema similar a que se negociou nos últimos procesos.
- Convocaríase de forma conxunta o ofertado no 20 e o que se inclúa no 21.
- Cronograma de actuacións:
- Cadrar os postos e as categorías a través do Grupo de Traballo.
- Negociar paralelamente a RPT e OPE
- Non desbota a posibilidade de realizar un concurso do actual persoal fixo, de realizarse sería simultáneo coa resolución da OPE.
- Funcionarización: o grupo de traballo debe analizar a antigüidade do persoal, tanto fixo como temporal, para concluír aqueles que poderían ser obxecto de fucionariazaicón e aqueles que non. Hai persoal subrogado na condición de fixo que poden estar dentro dos supostos regulados na norma.
VARIOS:
Exponse por parte da Dirección Xeral a valoración da problemática ao respecto dunha recente Sentenza, que se atopa recorrida, sobre o traballo do Persoal de Servizos Xerais. A mesma ven a delimitar as funcións a desenvolver polo persoal pertencente a esta categoría, reducindo e delimitando as funcións, tal e como estaba recollido na creación da categoría. Segundo trasladan, pode supoñer un problema si se executa nos termos ditados, en tanto que faría prescindible moitos dos actuais postos desta categoría, obrigando a reforzar os de limpeza, avogan por atopar unha solución de consenso.
Así trasladado, pode supoñer una certa advertencia ou ameaza de movemento por parte da Administración, que pode ter resultados non desexados.
UGT avoga por atopar unha solución pactada, non nos adherimos á formulación da demanda precisamente porque considerabamos que podía supoñer un atranco, máis que unha solución, o resultado dunha Sentenza que puidese ser utilizada pola Administración con efectos perversos sobre a negociación das prazas de PSX na RPT do Consorcio. Consideramos que de ser preciso persoal de limpeza con exclusividade de función, deben crearse.
POSICIÓN DE UGT SOBRE OS TEMAS TRATADOS NA COMISIÓN:
GRUPO DE TRABALLO:
Avogamos pola posta en marcha dos traballos deste grupo, en tanto deben concluír co afloramento de todos e cada un dos postos do Consorcio e as súas circunstancias sobre o seu vínculo xurídico, que permita encadrar os mesmos nos procesos que deben rematar coa temporalidade deste Ente Instrumental.
LISTAS:
Debe dunha vez por todas poñerse fin á situación da xestión dunhas listas non transparentes, que tanto conflito levan xerado, así como comezar a funcionar de xeito homoxéneo a como o fan as listas reguladas polo Decreto 37, que con todos os defectos que pode ter, e que ten, debemos recoñecer a súa publicidade como un dos elementos máis salientables.
PROCESOS SELECTIVOS:
UGT considera que o Acordo de adhesión e integración do Consorcio ao VCCU, levando un retraso considerable na súa aplicación, no aspecto de desenvolvemento de opes, tal e como alí estaba deseñado, a Administración ten a obriga de poñerlle fin.
O Acordo de Concertación asinado por UGT ten como referente a finalización da taxa de temporalidade, neste Ente en concreto con unha extremada alta taxa de temporalidade. Os procesos selectivos amparados polo Acordo, supoñen unha oportunidade única de poñer fin a esta situación, concretando o seu desenvolvemento mediante convocatorias que baseadas neses parámetros deseñen procesos sinxelos, áxiles, eficaces e efectivos no seu resultado.
VARIOS:
Sen ser obxecto da orde do día, pero entrando a colación do exposto polo Director ao respecto da Sentenza dos PSX, preguntamos pola problemática derivada da recente aprobación da Orde do 12 de xaneiro do 2021, que contén una modificación ao respecto das ratios de persoal de atención directa nas vivendas comunitarias, preguntamos por si para o cálculo da ratio se ten en conta ao persoal PSX e de dirección que consideramos non debera, en tanto non so persoal de atención directa polas súas funcións. O xerente responde dicindo que o están analizando e que está unido co ditaminado pola Sentenza da CIG.
Preguntamos sobre a dotación de máscaras FFP2 ao persoal, que entendemos debía ser obrigatorias. A resposta do Xerente é que seguen estritamente as instrucións ditadas ao amparo dos protocolos das Autoridades Sanitarias e Comité Clínico ao respecto.