Sectores

O profesorado responde nas aulas e o xefe territorial non recibe ás OOSS


A Permanente da Xunta de Persoal Docente de Centros Públicos non Universitarios da Provincia da Coruña acaba de denunciar a negativa do Xefe Territorial da Consellaría de Educación a reunirse cos representantes sindicais do profesorado tal e como está obrigado.

 

A Xunta de Persoal Docente non Universitario é a representante dos máis de 12.000 docentes de centros públicos da provincia da Coruña.

 

Para un funcionamento fluído está constituída unha Permanente formada na actualidade por 7 persoas pertencentes ás seis organizacións sindicais con representación na provincia.

Entre as funcións desta Permanente está a de reunirse con periodicidade mensual co Xefe Territorial, coa fin de tratar asuntos relacionados co profesorado. Estas reunións son convocadas polo presidente da Xunta de Persoal, como representante da mesma, cunha orde do día elaborada pola Permanente.

Indalecio Cabanas, Xefe Territorial, négase desde o pasado 28 de outubro a reunirse coa representación sindical. Os motivos alegados son varios e cambiantes pero en ningún caso xustificables.

 

Toda a información no seguinte anexo:

Denuncia das OOSS da deixadez de funcións do Xefe Territorial

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.