Sectores

Interinidades e substitucións


Novidades nas Listas de interinidades e substitucións actualizadas a 31 de xaneiro. Velaquí as máis relevantes:

 

– Matemáticas de secundaria (590006)

– Instalación e Mantemento de Equipamentos Térmicos e de Fluídos (591205)

 

Prazo de presentación de solicitudes: desde o LUNS día 1 de febreiro ata o día 3 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

 

Sobre o funcionamento das listas destacamos aspectos aclarados no artigo 2 da RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2020:

 

  1. Ata a finalización do curso académico en que as autoridades correspondentes determinen que deixaron de concorrer as circunstancias extraordinarias derivadas da pandemia da COVID-19, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá realizar convocatorias para incorporar ás listas de aspirantes a realizar interinidades e substitucións nas distintas especialidades dos corpos docentes aspirantes que, reunindo todos os demais requisitos establecidos para o acceso á docencia, non posúan a formación pedagóxica e didáctica de posgrao ou equivalente exixida.

 

  1. Terán prioridade, en todo caso, as persoas aspirantes ao desempeño de postos en réxime de interinidade e substitución que estean en posesión do título oficial de posgrao que acredite a súa formación pedagóxica e didáctica, ou formación equivalente.  

 

  1. En ningún caso consolidará a prioridade na lista prevista no Acordo do 20 de xuño de 1995 o persoal quen acceda inicialmente á lista correspondente sen estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica exixible con carácter xeral.  

 

  1. O persoal que, se é o caso, sexa chamado para prestar servizos sen estar en posesión do título oficial de posgrao que acredite a formación pedagóxica e didáctica, deberá realizar a formación que sobre este particular deseñe a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

              

Para  ver o estado no que se atopan todas as especialidades convocadas preme no adxunto.

Listas actualizadas a 31 de xaneiro

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.