Sectores

FeSP-UGT solicita á ministra de Educación a convocatoria urxente da Mesa Sectorial do Ensino Concertado


O Sector de Ensino de  FeSP-UGT remitiu unha carta á ministra de Educación para urxirlle a convocar a Mesa Sectorial do Ensino Concertado.

Na misiva enviada a Isabel Celaá,  FeSP-UGT sinala que son varios os aspectos que recolle a nova Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, que afectan ao profesorado e que requiren de diálogo e negociación entre Administración, sindicatos e patronais que permita chegar a acordos para a súa concreción e aplicación en todo o Estado.

Eses acordos, ademais,  deben evitar situacións de desigualdade entre territorios e, por suposto, teñen que ter en conta a todo o profesorado, preservando, en todo caso, os seus dereitos adquiridos.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.