Publícase hoxe en DOG o desacordo restritivo do teletraballo entre a CIG e a Administración Autonómica que segundo o articulado deixa fora do mesmo a:
- Entidades públicas instrumentais da letra b) do artigo 45 da LOFAXGA.
- Persoal ao servizo da Administración de xustiza, que non estea prestando servizo na Admón Xeral.
- Postos en oficinas de rexistro e atención e información á cidadanía.
- Postos de persoal subalterno.
- Postos técnicos ou administrativos de unidades con atención 24 horas (emerxencias, prevención de incendios e outras análogas).
- Postos que desenvolvan as súas funcións fóra das dependencias administrativas.
- Posto que impliquen o manexo de información e acceso a datos non dixitalizados.
- Postos cunhas funcións que esixan necesariamente a prestación de servizos presenciais, entendéndose por tales os de:
- persoal non docente en centros docentes e en centros de formación e inserción profesional,
- os destinados en residencias e centros de atención a persoas maiores e con diversidade funcional,
- centros de recepción e acollida de menores
- centros especializados en atención a maiores
- centros de avaliación de persoas con discapacidade
- todos aqueles outros que determine a Comisión Técnica de Seguimento do Teletraballo.
Solicitudes que estean en trámite, adaptaranse ás novas previsións contidas nel e para tales efectos o prazo para resolver e notificar a resolución, sempre que non estivesen xa estimadas as solicitudes por silencio administrativo polo transcurso do prazo máximo previsto actualmente, amplíase en dous meses máis contados desde a data de efectos do presente acordo
Autorizacións concedidas ao abeiro da normativa anterior á entrada en vigor deste acordo poderán manter a súa eficacia sempre e cando resulten cumpridos os requisitos de:
- Contar cunha presenza diaria mínima obrigatoria do 40 % dos efectivos do órgano de adscrición.
- Implantación no prazo de tres meses desde a entrada en vigor deste acordo un sistema de xestión do traballo por obxectivos ou un sistema medible de asignación de tarefas.
As ditas autorizacións non serán susceptibles de prórroga e as persoas interesadas en continuar prestando servizos nesta modalidade deberán presentar unha nova solicitude ao abeiro deste acordo
Enlace á publicación:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210107/AnuncioG0597-181220-0007_gl.pdf