Hoxe fanse públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo I da resolución, así como para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.
As listas poderán consultarse:
- No portal web corporativo da Xunta de Galicia:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
- No Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012
- Nas oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia ((oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo).
As ditas listas incluirán a seguinte información:
- Solicitantes admitidos/as na lista, con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 e 9 bis do Decreto 37/2006.
- Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión.
As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, e deberán consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.
PODES CONSULTAR O TEU ESTADO PREMENDO NO SEGUINTE ENLACE:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
Enlace á Resolución:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201229/AnuncioG0597-221220-0003_gl.pdf