Sectores

Constitución da comisión de seguimento do acordo de axentes medioambientais (17/12/2020)

 

Logo de máis de 26 meses da sinatura do Acordo e de case 24 en que esta Comisión de Seguimento tiña que estar constituída, por fin hoxe realizouse, coa presenza do Director Xeral de Función Pública e con representantes das consellerías de MR e de MATV. Polas Organizacións Sindicais estivemos 2 representantes de CIG, CCOO e UGT (como é ben sabido de todos CSIF, declinou hai moito tempo defender ao noso colectivo)

Na Orde do día tan só 2 apartados:

Constitución da Comisión; e así se fixo.

Varios:

  • DX de FP, cinguiuse este apartado ás cuestión específicas do Acordo sobre condicións de traballo (Orde do 3 de outubro de 2019, publicada no DOG 214 de 2019) remitindo o groso das queixas (da Orde de 18 de xaneiro de 2018, sobre a prestación de servizos, publicada no DOG 19 de 2019) a unha nova reunión desta Comisión (previo envío por escrito de tódalas suxestións que consideremos) a celebrar o 1º trimestre de 2021.
  • Salientando o cumprimento retributivo recollido no Acordo, lembróuselle o feito de non ter (en MR) actualizados os niveis (vaise corrixir de inmediato) e as anomalías que padecen os compañeiros destinados en Lourizán.
  • No tocante á 2ª actividade o compromiso adquirido é a remisión dun borrador a principios de 2021, para que antes da campaña de máximo risco de 2021, os Axentes Ambientais que decidan acollerse o poidan facer.
  • Lembrámoslle o publicado no DOG, no caso do reiterado incumprimento da negociación dun novo Regulamento, van a convocar en xaneiro – febreiro 2021 para iniciar o proceso
  • No caso dos coeficientes redutores, o conselleiro de Facenda, enviou escrito á administración central.
  • No tocante ós horarios, solicitamos un cadrante tipo e homoxéneo para toda Galicia, e UGT fixemos especial fincapé no envío dunha instrución clara, de obrigado cumprimento, para evitar as arbitrariedades que suceden en moitos distritos. Neste sentido, lembróuselle a falta de acordo, a estas alturas para os compañeiros do Parque Nacional, e as arbitrariedades acontecidas en MATV cando hai provincias que «gozan» aleatoriamente de períodos extraordinarios que se lle denegan a outras.
  • Así mesmo, solicitamos unha máis eficaz modalidade de certificación e pago de axudas de custo, gardas extraordinarias e nocturnidade que crea agravios comparativos entre provincias e funcionarios.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.