Sectores

Lei de medidas alegacións FeSP-UGT sobre as cuestións de norma autonómica (I)


Recibidas a resposta as alegacións formuladas pola nosa Organización ao documento presentado á Mesa Xeral, de modificacións á Lei de Emprego Público de Galicia; Expoñemos as novidades que a ese respecto contén o borrador presentado onte para a súa tramitación parlamentaria: (en cor azul o contido novo)

Engádese unha disposición adicional décimo quinta coa seguinte redacción:

“Disposición adicional décimo quinta. Valoración de determinados méritos

Poderá valorarse como mérito nas bases das respectivas convocatorias de

  • concursos de traslados,
  • promoción interna e
  • de acceso aos graos do sistema transitorio previsto no número 4 da disposición transitoria oitava,
  • e tamén como mérito para os efectos da confección das listas de contratación temporal:
  • a prestación de servizos de xeito presencial en postos de traballo dos centros residenciais ou sociosanitarios dependentes da consellería competente en materia de política social, sempre que se trate de servizos prestados durante a situación de emerxencia sanitaria derivada do COVID-19,
  • nas seguintes categorías profesionais do sistema de clasificación profesional do Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia:
  • Categoría profesional 2 do Grupo I (Médico/a)
  • Categoría profesional 2 do Grupo II (DUE)
  • Categoría profesional 06 do Grupo II (Educador/a)
  • Categoría profesional 3 do Grupo IV (Aux, Clínica…)
  • Categoría profesional 4 do Grupo IV (Coidador/a auxiliar)
  • Categoría profesional 1 do Grupo V (Camareiro/a limpador/a…)
  • Categoría profesional 11 (Limpador/a…)

sempre que os servizos se prestasen durante a situación de emerxencia sanitaria derivada do COVID-19, en postos de traballo dos centros residenciais ou sociosanitarios dependentes da Consellería competente en materia de Política Social.”

UGT solicitaba a inclusión doutras categorías profesionais laborais e funcionariais que tamén prestaron servizo de xeito presencial, tanto en centros sociosanitarios como non, pero que estiveron directamente implicados no desenvolvemento de tarefas por mor da COVID, (persoal do CGSIB de varias categorías, psicoloxía, terapeutas e outras, así como persoal do LASAPAGA que realizou as probas PCR, e persoal funcionario da Consellería de Facenda de xestión de listas de contratación). NON SE TIVO EN CONSIDERACIÓN ESTA ALEGACIÓN E REMITEN Á TRAMITACIÓN PARLAMENTARIA VÍA EMENDA PARA A ADMISIÓN, DE SER O CASO.

Engádese un segundo parágrafo ao número 3 da disposición transitoria primeira coa seguinte redacción:

“O persoal laboral fixo que posuíse a dita condición no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e adquirise posteriormente outra categoría profesional como persoal laboral fixo polo procedemento de promoción interna, poderá participar no proceso ao que se refire o parágrafo anterior dende esta derradeira categoría profesional.”

Esta inclusión foi xa demandada por UGT en mesas previas, responde á necesidade de que se permita o acceso á funcionarización a persoal laboral fixo que cambiou de categoría nas últimas promocións internas.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.