Como vos adiantamos, o día 14 de decembro o DOG PUBLICARÁ, non sin anos de espera, a CXT do profesorado de relixión o cal, e así o fixemos constar, ten que ter a periodicidade anual como marca a propia Orde da Consellería do 17 de xullo de 2007.
Os códigos a empregar son os reflectidos na Orde de 12 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade da relación de postos de traballo do profesorado de relixión. É importante subliñar que nos centros base que posúan varias prazas asociadas e algunha delas con outro ou outros centros, haberá que subliñar que se solicita… ITINERANCIA.
Entre as aportacións que presentamos ó borrador destacamos os seguintes temas:
VACANTES Pedimos que as vacantes que se ofertan neste concurso comprendan as que se produzan ata o 31 de decembro 2020, sendo as que se publican como anexo I desta convocatoria, incluíndo as ocupadas de xeito non permanente.
PROFESORADO QUE NON TEN UN DESTINO DEFINITIVO A obligación a solicitar todas as prazas desde o que foi o seu centro base de referencia debería circunscribirse a un radio de 25/35 Km.
CRITERIOS DE PRIORIDADE NA ADXUDICACIÓN DE DESTINOS ADXUDICACIÓN ORDINARIA. Ó profesorado de relixión desprazado por falta de horario deberá respetárselle o dereito consolidado, para volver encadrarse, no seu nivel de orixe.
Esperamos que as nosas aportacións se vexan recollidas.
O luns veremos a redacción definitiva do concurso e informarásevos para prestarvos toda a axuda que necesitedes.
Tamén enviamos os enlaces das Ordes mencionadas e as aportación feitas.
Para calquera dúbida estamos á vosa disposición.
Todas as nosas aportacións ó borrador do concurso de traslados de relixión