FeSP-UGT gaña de novo unha demanda sobre o dereito de permuta entre persoal temporal, neste caso interposta por dúas traballadoras da categoría DUE da Consellería de Política Social, baseándonos en sentenza previa desta Organización do ano 2019 do Tribunal Supremo, na que se pronunciaban sobre a aplicación ao persoal temporal do dereito á permuta, recoñecido ao persoal fixo no artigo 17 do V Convenio Colectivo Único confirmando a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia presentada por UGT.
De todo os xeitos a Administración segue sen modificar as instrucións sobre a concesión de permutas do persoal temporal, amosando unha falta de sensibilidade sobre o dereito do persoal temporal á conciliación da vida familiar e persoal e presentou recurso á sentenza.
A solicitude de execución de sentenza das traballadoras foi favorable obrigando a Xunta conceder de forma inmediata a permuta dos postos en espera de resolución do recurso.
UGT seguirá loitando por evitar desigualdade entre o persoal e polos dereitos de conciliación da vida familiar e persoal solicitando que se conceda o dereito á permuta aos traballadores temporais en igualdade de condicións ao persoal fixo en toda a Administración Pública Galega.