Sectores

Posición de UGT sobre a resolución das instrucións en materia de vacacións e asuntos propios do ano 2020


Na pasada Comisión de Persoal do día 2 de decembro a Dirección Xeral da Función Pública achegou o texto comprometido en reunións anteriores a petición de todas as Organizacións Sindicais ao respecto das vacacións e asuntos propios correspondentes ao ano 2020. O texto é de todas e todos coñecido e fai modular as solicitudes de vacacións, sobre aquelasque foran denegadas expresamente cando o motivo da denegación estivera fundamentado nas necesidades da correcta prestación do servizo”, no caso dos asuntos propios de igual forma se modulan en función das “necesidades do servizo.

A posición de UGT transmitida á Función Pública é meridianamente clara en tanto que consideramos que:

Ao respecto das vacacións, entendemos que non procede ligar a súa prórroga, ata o 31 de marzo, a que estas fosen previamente denegadas, dado que en moitos dos casos non se puideron desfrutar pola situación da pandemia, ou ben porque moito persoal, pendente do inicio de procesos selectivos deixou para datas próximas a unha suposta realización dos mesmos o tempo que lle restaba das súas vacacións. Como ao final non foi convocado ningún proceso selectivo antes de finalizar o ano atópanse que non as teñen solicitadas, e polo tanto non denegadas, tal e como ao parecer quere propoñer Función Pública.

Con respecto aos asuntos propios, entendemos que no procede redactar na Instrución a súa autorización ligada ás necesidades do servizo, en tanto que isto xa é así procedimentalmente e polo tanto é unha arbitrariedade suxeita ás limitacións que lle son propias á Administración.

En todo caso FeSP-UGT SOLICITA a Función Pública que atenda a non limitar o dereito e se conceda ata o 31 marzo, sen ligar coa solicitude previa, nin reincidir nas “necesidades de servizo”, como así se fixo noutras administracións, entendendo que de ser así abocaría a unha avalancha de peticións de vacacións de forma inminente por parte do persoal a fin de que obtivese resposta negativa por parte dos órganos de persoal que teñen a potestade de concesión.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.