Sectores

Publicación da tramitación electrónica da elección de destino provisional: A. Profesional (disc. Intelectual) e subgrupo c2


Publicada hoxe (04/12/2020) en DOG as Resolucións pola que se convocan para a elección de destino provisional dos procesos selectivos da AP (discapacidade intelectual) e o subgrupo C2 (interna e libre).

No anexo I, da resolución, figura a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos

No anexo II figuran os postos ofertados e os requisitos esixidos para a súa ocupación

Acceso á aplicación informática para elección de destino: a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación de cada un dos procesos selectivos

No prazo máximo de tres (3) días hábiles na AP e dous (2) no Subgrupo C2 contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático de Función Pública, teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Transcorrido o prazo anterior, abrirase un prazo de dez (10) días hábiles na AP e de cinco (5) días hábiles no Subgrupo C2 para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde prelación

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica. xunta.gal, seguindo a ruta:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo ao cal se accede e orde prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e atendendo á orde preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal

Enlace ás Resolucións:

AGRUPACIÓN PROFESIONAL (DISCAPACIDADE INTELECTUAL):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201204/AnuncioG0597-261120-0002_gl.pdf

SUBGRUPO C2:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201204/AnuncioG0597-011220-1_gl.pdf

POSTOS OFERTADOS C2 ENTRE OS NÚMEROS DE ORDE 123 E 182 DO ANEXO II:

Dado que actualmente se encontran ofertados noutras convocatorias de elección de destino por estaren abertos a varios grupos, soamente estarán dispoñibles para o acto de adxudicación da presente convocatoria os postos que resulten non adxudicados como consecuencia da resolución do acto de elección de destino provisional dos procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna e libre, nos subgrupos A1 e A2

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.