Sectores

Comisión de persoal extraordinaria (02/12/2020)


OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO ADMINISTRACION XERAL – 2020

UGT: A favor   CIG: En contra CCOO: A favor CSIF: En contra

Coa aprobación desta OPE dáse un paso decisivo e obrigado para facilitar o acceso ao emprego público estable, cumprindo cos criterios do Acordo de concertación do emprego público, asinado por FeSP-UGT:

  • Pendentes de recibir os datos definitivos a OPE totalizará 6.382 prazas: 562 acceso libre, 395 promoción interna separada, 3.410 funcionarización, 2015 estabilización e consolidación.
  • Apóstase decididamente pola integración do persoal en situación irregular cunha ampla oferta de prazas recollidas nos anexos de estabilización e consolidación, sobre todo no ámbito do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (1.276 prazas) e Bombeiros Forestais, onde se parte dunha proposta inicial de 90 prazas ata chegar a 160 (140 BBFF e 20 XXBB).
  • Increméntanse as prazas de promoción interna superando o 80% da oferta.
  • Procédese a funcionarización de practicamente o 100% das prazas de persoal laboral fixo (3.410).
  • As prazas reservadas a discapacidade increméntanse 3,4 puntos pasando o 13,70% do total.
  • Comprometese a negociación doutra OPE no primeiro trimestre de 2021, para incluír o resto de prazas e a funcionarización do Consorcio.

A DXFP fala para 2021 de poder incluír non só unha taxa de reposición do 110% senón ata o 80% das xubilacións do ano en curso, se se acada a autorización solicitada o goberno estatal.

FeSP-UGT solicitamos a derrogación da taxa para adecuar as ofertas as necesidades reais e a penalizacións das Administracións que incorran en abuso de contratación temporal.

OEP – 2020. PERSOAL SANITARIO FUNCIONARIO DA LEI 17/1989

UGT: Abstención CIG: En contra CCOO: Abstención CSIF: Abstención

UGT entende que esta oferta non foi obxecto de negociación e ao igual que se fixo en exercicios anteriores séguese sen resolver a temporalidade e sen que a Consellería de Sanidade informe das situacións do persoal para planificar as adecuación precisas.

MODIFICACIÓN ANEXO DO DECRETO 165/2019

UGT: A favor CIG: Abstención CCOO: A favor CSIF: En contra

UGT valora que procede a aprobación da modificación do Decreto 165/2019, no referente ao Anexo de equivalencias entre as categorías profesionais do persoal laboral as escalas de persoal funcionario, sempre que se retire a categoría V-09 Celador. Vixiante de Recursos Naturais, que non debería estar incluída como AP na escala de persoal funcionario equivalente, senón no C2, como si está o Oficial 2ª Forestal, que ten funcións similares. A DXFP acepta excluír esta categoría para iniciar unha negociación inminente coas OOSS que permita adoptar un acordo e modificar posteriormente a devandita Orde.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.