En reunión da Comisión de Emprego Central do pasado 16 de decembro de 2019, informóusenos sobre as previsións de actuación para levar a cabo a execución do compromiso de realizar de forma inmediata a supresión da obrigatoriedade de traballo en sábados (Acordo Plurianual 2018-2020).
Pasou máis dun mes e desde UXT non temos constancia de que se iniciou ningún dos traballos técnicos e operativos necesarios para levar a cabo as previsións, que permitan a implantación completa e inmediata da medida unha vez aprobada e publicada a modificación lexislativa.
Por todo iso, desde a empresa, débese convocar o máis axiña posible, unha nova reunión co fin de concretar os aspectos técnicos, e determinar o contido da enquisa para realizar entre o persoal afectado de Oficinas, USE, e CTA, para que expresen, de forma personalizada, a súa voluntariedade ou non voluntariedade para prestar servizo nun, dous ou, máximo, tres quenda de sábados, en definitiva, débese concretar o contido da enquisa para realizar.