FeSP-UGT manifestamos que é de trileiros considerar o incremento salarial do 1% como unha mellora retributiva para as persoas traballadoras do sergas


 

 

A Lei Ley 3/2017, de 27 de junio de PGE, inclúe o incremento do 1% do salario das persoas traballadoras do SERGAS, que se percibirá con toda probabilidade coa nómina do mes de xullo ou agosto.
FeSP-UGT, a este respecto, considera improcedente e de trileiros cualificar esta suba como unha mellora para os traballadores públicos, tendo en conta que o ano 2016 pechou con un IPC do 1,5% e que o indicador adiantado do IPC sitúa, no mes de maio, a variación anual no 1,9% o que supón, como mínimo, unha perda salarial de medio punto. Insistimos, os salarios reais se están reducindo ano tras ano e seguimos perdendo capacidade adquisitiva…

Descargar Informa-t  completo.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.