¿Que é UGT Servizos Públicos e quen a forma?
A Federación de Servizos Públicos é a Federación máis importante, por número de afiliados e en estrutura, de UGT.
UGT Servizos Públicos está integrada polos Empregados Públicos (persoal laboral, funcionarios e estatutarios) que prestan servizos en ministerios, organismos autónomos e da Seguridade Social, Administración de Xustiza, Comunidades Autónomas, Sanidade Pública e Privada, Correos, administracións locais, traballadores/as de entes ou empresas de xestión indirecta ao servizo público e demandantes de primeiro emprego con expectativas de traballo nas Administracións Públicas.
¿Como nos organizamos?
Integran UGT Servizos Públicos Estatal as federacións rexionais ou de Comunidade Autónoma, as federacións provinciais (nalgúns territorios) e os sindicatos comarcais e seccións sindicais de empresa ou centro de traballo.
Desde o VIII Congreso (Madrid, 2009), UGT Servizos Públicos está organizada en once secretarias: Xeral, Administración e Finanzas, Organización, Formación, Acción sindical, Saúde, Sociosanitario e Dependencia, Muller e Igualdade, Local, Autonómica e Servizos á Comunidade, Administración Xeral do Estado, Saúde Laboral e Medio, e o Sector Postal.
¿Como actuamos?
A Federación de empregadas e empregados dos Servizos Públicos forma parte da UGT; por tanto, é unha organización de inspiración socialista. Por este motivo, non é apolítica nin neutral ante as diversas opcións na forma de organizar e entender a sociedade. Proclama a súa adhesión e defensa da democracia, avoga por un Estado social e democrático de dereito e propugna que a liberdade, a xustiza e a igualdade deben ser reais e efectivas. Antepoñemos os intereses dos traballadores a calquera outro.
UGT Servizos Públicos actúa de maneira democrática na toma de decisións internas; con eficacia no noso funcionamento; solidaria entre os organismos que a integran, os seus afiliados e o conxunto das empregadas e empregados públicos e con responsabilidade na negociación colectiva e nas relacións coas distintas Administracións Públicas e Organizacións Empresariais.
¿Que servizos prestamos?
Entre outros, os servizos máis destacados que prestamos aos nosos afiliados son:
– Un Gabinete Xurídico que asesora individualmente ás afiliadas e afiliados, e para iso conta con letradas e letrados que atenden todo o territorio español.
– Formación, con plans propios nos distintos ámbitos da Administración, xestionados polos organismos territoriais e por FORO de Formación e Edicións, seccións sindicais en todos os organismos públicos, con innumerables delegados sindicais -Gabinete de Prevención de Riscos Laborais- Páxinas web na internet e diversos servizos ao afiliado como acordos comerciais de desconto (tarxeta VISA FeSP, ópticas, saúde bucodental, osteoporose, tarxeta desconto carburantes…), acordo con SINTAP Portugal para a atención mutua a traballadoras e traballadores do sector sanitario en España e Portugal; ademáis doutra serie de servizos como campamentos de verán para fillas e fillos de afiliadas e afiliados, residencias de tempo libre, etc…
Cales son os nosos obxectivos?
Dende UGT Servizos Públicos defendemos uns servizos públicos eficientes e fortes que garantan un Estado de Benestar real e amplo. Traballamos na armonización de Convenios e Leis que permitan conseguir retribucións dignas, sistemas de formación e promoción axeitados e unha seguridade social suficiente. Tamén elaboramos alternativas para que os diferentes servizos públicos garantan tanto o desenvolvemento humano das empregadas e empregados públicos, como a máxima eficacia e o mellor servizo á colectividade.
Entendemos que é a mellor forma de conseguir un dos nosos principáis obxectivos: a defensa dos Servizos Públicos.
Como afiliarse?
Se estás interesada ou interesado en afiliarte á UGT Servizos Públicos podes cursar a solicitude de alta acudindo a calquera das nosas sedes, onde gustosamente atenderémoste, ou cumprimentando o noso FORMULARIO DE AFILIACIÓN.