O vindeiro 23 de xaneiro fomos convocadas/os a una xuntanza da Comisión de Persoal co obxecto de tratar os seguintes asuntos:
Modificación da RPT da Consellería do Mar
Modificación da RPT do Instituto Galego de Estatística (IGE)
Informe da proposta de resolución pola que se modifica a resolución do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia subgrupo C1, escala técnica de cociña.
Informe da proposta de resolución pola que se modifica a resolución do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia subgrupo C2, escala auxiliar de cociña
Podedes achegarnos os vosos comentarios a través dos seguintes enderezos electrónicos:
