Hoxe tivo lugar a constitución da Comisión de seguimento, de conformidade coa cláusula 9ª do Acordo, na que se trataron as seguintes cuestións:
Informan que no día de hoxe remitirán a listaxe das prazas (145) de xornada inferior á ordinaria e que se transforman en xornada completa. (listaxe).
Proponse a constitución da Comisión de seguimento, composta por 2 persoas titulares por cada organización sindical asinante en idéntico número por parte da Administración. De conformidade coas materias previstas na dita cláusula, propoñen a seguinte distribución de funcións da Comisión e Subcomisións Técnicas:
COMISIÓN DE SEGUIMENTO | SUBCOMISIÓNS TÉCNICAS |
a) O estudio das carteleiras cargas e presencias do persoal dos centros de traballo similares cando se produza unha descompensación entre elas coa finalidade de facer propostas e establecer criterios para que as mesmas sexan homoxéneas e equilibradas. Abordarase a táboa de xornada anual que resulte de aplicación da redución da cláusula terceira e sexta para determinar a prestación efectiva de servizos en cómputo anual do persoal con quendas nocturnas | c) A definición da obrigatoriedade da prestación de servizos por “necesidades do servizo” e intersubtitucións coa finalidade de facer unha proposta de regulación das súas consecuencias así como do pagamento das compensacións que sexan oportunas. Unha vez definidas as mesmas establecerase a compensación que poderá ser económica, en tempo de descanso ou en ambas as dúas. |
b) A prestación efectiva de servizos en cómputo anual do persoal con quendas nocturnas trala aplicación nas distintas carteleiras das modificacións do presente acordo, coa finalidade de propoñer un sistema de descanso e/ou retribucións máis homoxéneo entre os distintos grupos profesionais | e) Estudio das causas de absentismo coa finalidade de propoñer medidas que posibiliten a súa rebaixa efectiva en beneficio da prestación do servizo público. Propoñeranse as medidas que eviten a sobrecarga de traballo no funcionamento dos centros como consecuencia da determinación das adaptacións dos postos de traballo. |
d) Estudio daquelas quendas excepcionais superiores a cinco días ou a dúas noites consecutivas coa finalidade de ver cales son as causas e propoñer medidas de cara a súa eliminación. | f) Estudio e proposta dun protocolo e plan de actuación fronte aos ataques físicos ou verbais que poidan sufrir os empregados no desenvolvemento do seu traballo. As partes se comprometen a que o dito protocolo entre en vigor o 1 de xaneiro de 2024. |
g) Estudio e determinación para a proposta do uso do comedor, en todos aqueles centros que teñan comedor xestionado directamente pola administración, por parte do persoal dos centros da Consellería de Política Social e Xuventude a cambio dunha contraprestación económica por parte do usuario. |
Proponse, por parte da DXFP, que para o apartado f), do protocolo, participe representación da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Acéptase pola parte sindical.
Consideran que tanto os apartados f) como g), esgotarán a súa función no memento en que rematen as negociacións de ditos apartados, e que no caso do protocolo e plan de actuación fronte aos ataques enténdese que debe constituírse unha comisión propia do mesmo.
CARTELEIRAS:
Informan de que as direccións dos centros están traballando nelas, atendendo aos requirimentos que determina o Acordo, a idea da que parten é que a partir da próxima semana comecen a ter lugar as reunións nas Xefaturas Territoriais, o procedemento será o mesmo que o viña sendo habitual, alí onde existan discrepancias serán sometidas á interpretación da Comisión.
CRITERIOS:
- Prazas a crear:
- 73 derivan da conversión de 145 de xornada parcial a tempo completo e máis de 100 a maiores para aplicar 3N en 2024.
- Desconto do traballo nocturno:
- Reducir as 3 horas por noite traballada xa en 2024.
- Xornadas:
- Non máis de 5 quendas seguidas
- Non máis de 2 noites consecutivas.
- Non máis do 60% de fins de semana traballados anuais.
- Mantemento das presencias actuais.
VARIOS:
- Abono de festivos:
- Na nómina de decembro recibiranse os atrasos dende xaneiro ata outubro, en CGSIB ata novembro, incluídos, a partir de aí normalizarase o abono regular.
- As persoas que non teñen contrato en vigor, poden darse dúas circunstancias:
- Que cambiasen de Consellería: será de oficio, este mes ou o seguinte.
- Que non estean na Administración (persoal temporal ou xubilado): formula dúbidas por motivos de aseguranza da conta bancaria, analizarán como resolver.
- Compensación dos días 24 e 31:
- Aplícase en 2023 a compensación de festivo especial establecida no Acordo.
- 2 APs adicionais (8 en lugar de 6), con carácter xeral para todo o persoal, por caer en domingo ambos días.
- A maiores aquelas persoas que os traballen terán a compensación que determina o Acordo, en tempo e económica.