Sectores

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Nun momento no que a axenda política de determinados países está a cuestionar a realidade da emerxencia climática, é imprescindible reafirmar o noso compromiso coa sostibilidade e a conciencia climática. A campaña do Día Mundial do Medio Ambiente 2025 céntrase na acción colectiva para combater a contaminación plástica, baixo o lema ‘Sen contaminación por plásticos’.

A educación engloba aspectos relacionados co sustentable (coma a educación ambiental ou a produción, o consumo e a economía sostible, entre outros) con outros elementos e factores que inflúen na mesma no seu sentido máis amplo: a educación en materia de dereitos humanos, a educación para a cidadanía global, a educación para un entendemento intercultural, a educación antirracista e a educación para a paz.

O Sector de Ensino de UGT Servizos Públicos considera que sobre a educación recae unha gran responsabilidade. Temos a obriga de mostrar a realidade que afecta ao noso presente e ao noso futuro aplicando o rigor, o pensamento crítico e a evidencia científica. Os centros escolares configúranse como lugares onde promover unha conciencia crítica como garantía dun futuro máis saudable e sostible. Así, consideramos que os centros escolares son un lugar idóneo onde os nosos mozos podan adquirir as ferramentas necesarias para recoñecer a importancia do medioambiente, non só a través dos contidos que aparecen no currículo educativo, senón mediante a aplicación práctica de medidas que contribúan ao cambio como campañas de reciclaxe, programas de aforro enerxético e de auga, etc.

Desde UGT- SP, apostamos por que os centros escolares sexan unha estrutura respectuosa co medioambiente. Para que sexa posible, reclamamos a implicación das Administracións educativas nesta tarefa e a adopción de políticas orientadas á protección ambiental, favorecendo que as súas instalacións sexan respectuosas mediante a adopción de medidas que garantan a ‘pegada cero’ a nivel ambiental e de xeración de recursos, pero tamén por medio da xeración de enerxía verde e o uso responsable da auga.

FELIZ DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

Recursos para empregar na aula: