A Lei 20/2021 establecía como data límite para formalizar a OPE extraordinaria de estabilización o 31 de maio de 2022. UGT Servizos públicos fixemos o seguimento día a día, das publicacións nos boletíns provincias (BOPs) e no DOG de concellos e deputacións que anunciaron a OPE de ESTABILIZACIÓN conforme ao establecido na Lei 20/21. Tamén incluímos as entidades locais, mancomunidades e organismos dependentes dos concellos que fan o mesmo anuncio de estabilización.

 

Cumpre sinalar que algúns Concellos xa publicaron antes de rematar o ano 2021, convocatorias de OPE no DOG e non no BOP que lle correspondía, e algúns non publicaron nada.

O total de OPES publicadas é de 264 e o total de prazas é de 6.988 prazas a estabilizar, e que teñen a seguinte distribución por provincias:

 

Trátase sen dúbida de datos de ofertas de prazas moi elevado no marco dun proceso extraordinario no que o concurso de méritos será a vía de acceso.

 

As OPEs da Administración local en Galicia, no seu conxunto é a maior oferta de prazas de todas as administracións (autonómica, central, Sergas ou ensino), e demostra a veracidade das afirmacións do sindicato que situaban a administración local como a de maior temporalidade de emprego público.

 

UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.