POR UN TRATO XUSTO PARA AS TRABALLADORAS E OS TRABALLADORES

UGT fai un chamamento a votar nestas eleccións e facer oír a voz das traballadoras e traballadores por unha Europa máis xusta. Apelamos de maneira específica a rexeitar co teu voto a ameaza da extrema dereita, que durante a pasada lexislatura europea só votou en contra de calquera medida de avance social e avogando polo desmantelamento de dereitos para a clase traballadora e para todas as mulleres. Queremos e esiximos salarios dignos, servizos públicos excelentes, dereitos e igualdade, unha negociación colectiva e un diálogo social reforzados para salvagardar a democracia en Europa e a paz no mundo.

Se es delegado ou delegada, tes a responsabilidade, non só de votar nestas eleccións, senón de promover que as persoas que traballan na túa empresa voten.

Nestas eleccións tes que elixir se votar aos xa coñecidos homes de negro que recortan os nosos dereitos e cuxas políticas supoñen menos saúde, menos educación e menos dereitos sociais, ou se votar a política que vivimos a partir da pandemia e que supuxo un crecemento social e económico, grazas aos fondos Next Generation, con máis recursos para a saúde, a educación e as persoas traballadoras.

Co teu voto, ti decides
