Sectores

240 novas prazas para o profesorado técnico de formación profesional


A Lei de orzamentos para o ano 2021, en trámite, posibilita unha taxa de estabilización do emprego temporal do 100%. Isto tradúcese en 240 prazas máis que se engadirán ás convocadas na Orde do 24 de febreiro de 2020. Según o anucio da consellería, a principios de xaneiro abriráse un novo prazo de solicitudes exclusivamente naquelas especialidades nas que se produza un incremento de prazas.

Con  este incremento o que se pretende é axudar a paliar a dificultade que nun futuro puider afectar o profesorado interino. En concreto, poderíase requerir unha titulación de nivel de grado dado que a versión actual da LOMLOE, aínda no Senado, establece a integración do profesorado técnico de FP no corpo de PES.

Agardamos poder concretar máis o procedemento despois da próxima Mesa Sectorial.

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.