Co gallo do Día pola igualdade salarial, 22 de febreiro, UGT presentou o informe ‘As mulleres novas soportan unha dobre discriminación salarial por ser mulleres e mozos, a pesar de que o 54,4% ten un título universitario, fronte ao 43,1% dos homes da mesma idade‘, no que se analizan os datos sobre salarios desagregados por sexos facilitados pola Enquisa de Estrutura Salarial publicada pollo Instituto Nacional de Estatística.
Os datos amosan que en 2021, en termos estatais, as mulleres cobraron 5.212,74 euros menos que os homes, o que sitúa a brecha salarial no 18,36%. A diferencia na comunidade Galega é de 4889,82€, sen embargo a brecha salarial é do 19%.
É certo que se están a lograr progresos, pero a desigualdade aínda persiste. As razóns detrás da brecha salarial son múltiples e complexas, a diferencia na remuneración no traballo de igual valor, a representación da muller no mercado laboral (postos de menor remuneración), o modelo de contratación que soportan as mulleres (máis parcialidade involuntaria), carreiras profesionais menos estables por ter que asumir a labor dos coidados, maior representación en sectores máis precarizados…. e todo isto conduce ás grandes diferencias nas prestacións de desemprego ou incluso na xubilación, chegando nalgúns casos a situacións que rozan o risco de pobreza e a exclusión social.
Retribución por hora traballada
Os datos por hora traballada, son moi significativos porque eliminan calquera distorsión, en relación ó modelo de contratación, que se podería utilizar como escusa para xustificar salarios máis baixos, porque aquí o que se valora é o pago por hora de traballo, independentemente se se está a falar dun contrato a tempo completo ou parcial.
Segundo os datos da Enquisa anual de estrutura salarial do INE do ano 2021, publicada o 20 de xuño de 2023, en Galicia, a brecha do salario hora é de 9,33%, as mulleres perciben 13,99 euros por hora traballada, fronte aos 15,43€ dos homes.
Na cidade da Coruña, segundo os datos facilitados no Estudo de Salarios elaborado polo Instituto Galego de Estatística, a brecha do salario hora é de 14,3%, o que significa que as mulleres perciben de media 1,4€ menos por hora traballada que os homes.
Algunhas das medidas para acabar coa brecha salarial
A suba do SMI favorece a redución da brecha salarial, xa que as mulleres son as principais perceptoras dos salarios máis baixos, pero so iso non é suficiente. É necesario abordar a contratación a tempo parcial, porque nun 52 % son mujeres que acceden a este tipo de xornada por non atopar un contrato a xornada completa.
É necesario vixiar o cumprimento, por parte das empresas, da normativa en materia de igualdade salarial; convocar unha mesa de diálogo social para traspoñer á lexislación española a Directiva Europea de Transparencia Salarial para reforzar o principio de igualdal remuneración por traballo de igual valor; e establecer estatísticas desagregadas por sexo, que analicen a ocupación e o nivel de estudos.
Son necesarios máis recursos para a Inspección de Traballo, para poder intervir naquelas empresas onde o traballo das mulleres está infravalorado. Son necesarios criterios claros sobre os rexistros retributivos, avaliación de postos de traballo e auditorías retributivas. Son necesarios fondos destinados para a formación de negociadores de convenios colectivos e plans de igualdade.
Se queremos reducir a brecha salarial dunha vez por todas hai que abordala desde moitos puntos de vista e seguir traballando en modificacións legais para que a igualdade salarial sexa un feito nas empresas.