A presencialidade en Atención Primaria ten que ser do 100%, non do 60% como quere o SERGAS

A presencialidade en Atención Primaria ten que ser do 100%, non do 60% como quere o SERGAS

Plan de Ordenación de Atención Primaria.

Incremento do complemento J.- O Sergas propón un incremento do 70% (actual) ao 90% das retribucións fixas do persoal ausente entre os que asuman a intersustitución. Este complemento esténdese a Matronas. UGT-SP solicitamos que se ampliase ao 100% de retribucións fixas.

 

Prolongación de xornada en atención primaria. O Sergas propón incremento en persoal médico a 50€/hora e a 33€/hora en persoal de enfermería.

 

Incremento para prazas de difícil cobertura dos complementos F e G do 40% para médicos e enfermeiras. O Sergas manifestan que se engaden 28 novos centros á catalogación de difícil cobertura. UGT-SP solicitamos un incremento do 50%.

 

Acumulación de cota en praza vacante. Cando por indispoñibilidade de persoal non se cobre unha vacante, exponse a redistribución de cartillas entre outros profesionais que realizarán de forma voluntaria unha xornada complementaria estable, cunha cota máxima de 300 cartillas, cunha xornada á semana de 4,5 horas nunha única xornada. O Sergas expón que a retribución por este servizo sexa de 10.000€/ano. UGT-SP, manifestamos que a xornada tería que ser de 4 horas semanais, retribuídas cun complemento de 12.000 €/ano, cunha axenda pechada e cumpríndose a condición de que esas prazas síganse ofertando aos concursos de traslados e OPEs.

 

Cronogramas e próximas publicacións en DOG:

Captura de pantalla 2022 06 20 111852

 

Selección temporal de postos de difícil cobertura de Traumatoloxía e Medicina Interna. O Sergas manifesta que, tras o rexeitamento por parte das OO.SS da mesa sectorial do borrador presentado para a cobertura de prazas de especialistas con contratos de interinidade coa obrigación de prestar servizos durante 4 meses en zonas de difícil cobertura, o 30 de maio asinouse no Consello de Dirección un acordo polo que se modifica a proposta inicial aprobando contratos de 4 a 6 meses cun mes de prestación nun Hospital Comarcal. A día de hoxe cubríronse 6 en medicina interna, quedando desertos Ourense e Santiago, e 5 de 7 en Traumatoloxía en Pontevedra e Ourense.

 

UGT Informa-T

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".