Lugar, data e hora da realización de exercicios da fase de oposición para acceso a distintas categorías

Lugar, data e hora da realización de exercicios da fase de oposición para acceso a distintas categorías

Infórmase que o martes, 26 de abril publicarase no Diario Oficial de Galicia o lugar, data e hora de realización dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos para o acceso ás categorías de calefactor/a, cociñeiro/a, condutor/a, electricista, lavandeiro/a, logopeda, mecánico/a, pasador/a de ferro, pinche (quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral), técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, telefonista, terapeuta ocupacional e traballador/a social, que realizarán os exercicios o 7, 8, 14 e 15 de maio próximos.(achégase táboa resumo informativa).

 

Como aspectos máis destacados:

  • A acreditación para o acceso ao lugar de realización das probas efectuarase a través de código QR, que o/a aspirante terá á súa disposición en Fides/expedient-e, desde a data da publicación en DOG, e que deberá levar impreso o día do exame. Non se efectuará chamamento individualizado dos/das aspirantes.
  • Así mesmo, cada aspirante terá asignado un número de posto de exame (mesa), que deberá ocupar para a realización das probas, e que se anticipará a efectos informativos desde o 26 de abril na páxina web do Sergas, ademais de formar parte da información contida no código QR.
  • Non está permitido o acceso das persoas aspirantes ao interior do recinto de realización das probas con teléfonos móbiles nin ningún outro dispositivo con soporte de memoria.

 

Así mesmo, comunícase que o mércores, 27 de abril publicaranse as puntuacións definitivas do proceso de actualización das listas de selección temporal das distintas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e médico/a de admisión e documentación clínica acollidas ao Pacto de decembro de 2018 así como as primeiras listas definitivas de médico/a de hospitalización a domicilio.

 

As listas entrarán en vigor a efectos de chamamentos a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

Captura de pantalla 2022 04 18 103049

 

                                                         DESCARGA O UGT INFORMA-T

 

 

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".