UGT e Adeslas Dental logran un acordo para devolver á plantilla as horas que lles obrigaron a recuperar pola pandemia

UGT e Adeslas Dental logran un acordo para devolver á plantilla as horas que lles obrigaron a recuperar pola pandemia

A empresa devolverá o total das horas recuperadas por cada persoa traballadora máis un 10% adicional, xa sexa cunha compensación de tempo, económica ou unha combinación de ámbas. A Audiencia Nacional deu a razón a UGT e estableceu que os 3.000 traballadores e traballadoras de Adeslas Dental non están obrigados a recuperar os 46 días de traballo que non puideron realizar polo peche dos seus centros de traballo provocado pola crise sanitaria do Coronavirus.

UGT Servizos Públicos e Adeslas Dental alcanzaron un acordo de execución da sentenza ditada polo Tribunal Supremo a data 2 de xuño de 2022. Esta sentenza daba a razón a UGT e declaraba nulo o acordo asinado por Adeslas Dental e CCOO que impoñía unha modificación substancial das condicións de traballo de carácter colectivo, o descolgue dos 29 convenios de aplicación da empresa e obrigaba ao persoal para recuperar os días que non traballaron durante o peche da empresa pola pandemia.

O Acordo subscrito non só restitúe os dereitos conculcados, tal como recoñeceu a Xustiza na sentenza do pasado mes de xuño, senón que supón un avance: a empresa devolverá a cada persoa traballadora o total das horas que lle obrigou a recuperar máis un 10% adicional. Esta compensación poderá ser en forma de tempo de descanso, cunha compensación económica ou unha combinación das dúas, segundo elixa a persoa traballadora.

O acordo contempla tamén a situación dos traballadores con contrato en suspenso e con reserva de posto de traballo; por excedencia, incapacidade temporal de longa duración ou invalidez provisional. Estes traballadores/as poderán exercer a súa opción sen límite de prazo temporal, unha vez reincorporados á empresa, con independencia dos prazos de prescrición.

Ana Francés, secretaria de Saúde, Sociosanitario e Dependencia de UGT Servizos Públicos, espera que “este acordo, ademais de restituír dereitos e mellorar condicións, devolva as relacións laborais á senda que lles corresponde: a negociación colectiva

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".