Rolda de prensa UGT Servizos Públicos e CCOO para comunicar o rexistro da convocatoria de folga no sector de Axuda a Domicilio de Galicia para o 15 de setembro

Rolda de prensa UGT Servizos Públicos e CCOO para comunicar o rexistro da convocatoria de folga no sector de Axuda a Domicilio de Galicia para o 15 de setembro

A deixadez por parte da Consellería de Política Social e dos Concellos, máis pendentes dos réditos electorais que de prestar o Servizo de Axuda no Fogar en condicións de calidade e respetando os dereitos das persoas traballadoras, deixa nas mans das grandes multinacionais, que xestionan con criterios de usura estos servizos.

As traballadoras de Axuda no Fogar en Galicia están a sufrir unha merma salarial directa ao non respetar a maioría das grandes empresas o Convenio vixente, polo que terían que aumentar todos os conceptos retributivos nun 6,5%, equivalente ao IPC do ano 2021.

A situación actual é insostible. Por un lado sube a inflación, suben os prezos do combustible, e as empresas están a compensar o uso do vehículo propio cos prezos de combustible do ano 2009, noutras palabras, non só non suben os salarios, senón que ás traballadoras lles custa cada día máis realizar os servizos co seu propio vehículo.

Ante esta situación convocamos unha folga e unha manifestación para o día 15 de setembro, con antelación suficiente para que se fixen un servizos mínimos, que non temos dúbida de que serán abusivos (coma sempre), e podamos instar as medidas cautelares oportunas para denunciar esta situación e que as traballadoras do sector poidan participar na folga.

 

Medios

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".