Día de Acción Mundial: "Inversión e traballo decente en coidados"

Día de Acción Mundial: "Inversión e traballo decente en coidados"

 

A pandemia da COVID-19 pon de manifesto o lugar central que ocupan os coidados nas nosas vidas. Os gobernos teñen que financiar adecuadamente a asistencia social pública e protexer aos traballadores e traballadoras que prestan servizos de coidados. Son moitos e moitas afiliadas as que seguen prestando servizos públicos de saúde e de coidado, nas circunstancias máis difíciles, mentres o mundo segue atravesando a devastadora crise sanitaria e socioeconómica provocada pola pandemia. A maioría destas traballadoras son mulleres, e a miúdo proceden de comunidades racializadas e migrantes.

 

A vida laboral das traballadoras de coidados caracterizouse polas longas horas de traballo, a falta de acceso a equipos de protección individual (EPI) e outras medidas de saúde e seguridade, o esgotamento físico, emocional e mental, as malas condicións de traballo, os baixos salarios e o acceso desigual ás vacinas.

 

A pandemia da COVID-19 puxo de manifesto como décadas de falta de investimento nos sistemas de saúde pública e de coidados afectaron gravemente á calidade, á accesibilidade e á seguridade dos servizos de saúde e de coidados. A pandemia tamén agravou as desigualdades estruturais preexistentes a nivel nacional e mundial en canto a xénero, clase e, en moitos casos, raza e etnia. Hai unha necesidade urxente dun investimento público adecuado para conseguir saúde e coidados públicos de calidade e de acceso universal. Temos que reconstruír a organización social dos coidados, integrando o recoñecemento do dereito humano aos coidados e garantindo que os servizos de asistencia social préstense como un dereito humano fundamental e un ben público de acceso universal.

 

Os gobernos deben tomar medidas agora para garantir este dereito fundamental. Debemos contar cun número adecuado de traballadores e trabaladoras da saúde ben renumerados e protexidos para que isto sexa unha realidade. Así, os gobernos teñen que facer fronte ao déficit mundial de 18 millóns de traballadores da saúde e do coidado previsto pola Comisión de Alto Nivel das Nacións Unidas sobre Emprego Sanitario e Crecemento Económico en 2016. Por tanto, debemos profundar na nosa campaña en favor dunha dotación de persoal de coidados segura e eficaz, e dun traballo decente para as traballadoras e traballadores do sector, e que xa traballen en hospitais, asilos, residencias, fogares privados ou escolas, no sector público ou no privado, merecen unhas mellores condicións de traballo, que reflictan a súa enorme contribución ás nosas sociedades, e un salario xusto e igual por un traballo de igual valor.

 

No Día de Acción Mundial sobre os Coidados, desde UGT Servizos Públicos pedimos:

 

  • Investir en servizos de saúde e de coidado públicos, de calidade e de acceso universal -incluída a saúde mental, a atención infantil, a educación da primeira infancia, o coidado da terceira idade e outros servizos de asistencia social- para garantir a creación de millóns de postos de traballo cun traballo decente que inclúa salarios xustos e condicións laborais humanas; e para pechar as brechas de xénero na participación da poboación activa.
  • Garantir uns salarios axeitados e a mellora das condicións de traballo, incluída a igualdade de remuneración por un traballo de igual valor, as oportunidades de formación e a saúde e seguridade no traballo para os traballadores e traballadoras da saúde, do coidado e a educación, incluídos as traballadoras e trabaladores domésticos e de atención domiciliaria.
  • Garantir a equidade e a non discriminación na contratación, a retención, o acceso á formación e as oportunidades de promoción en todos os sectores da saúde e do coidado.
  • Garantir que se respectan os dereitos de liberdade de asociación e de negociación colectiva, xa sexa na economía formal ou informal, así como a súa representación no proceso de toma de decisións.
  • Financiar unha protección social universal que teña en conta as cuestións de xénero e á que poidan acceder todos os traballadores, independentemente da súa situación laboral ou da súa condición de inmigrantes, a súa orixe racial ou étnica, a súa discapacidade, o seu xénero, a súa expresión de identidade ou a súa orientación sexual, e que inclúa aos traballadores da economía informal.
  • Garantir a accesibilidade aos servizos de saúde e de coidado públicos de calidade, incluídos os refuxiados e os inmigrantes, independentemente da súa situación.
  • Pasar do enfoque da "economía dos coidados", que contribuíu á mercantilización dos mesmos, á "reconstrución da organización social dos coidados", na que as necesidades e o traballo de coidados non se consideran simplemente cuestións económicas, senón dereitos humanos, que os gobernos teñen o deber de proporcionar e salvagardar.

 

 

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".