Manifestación en defensa da sanidade pública: 12 de febreiro

Manifestación en defensa da sanidade pública: 12 de febreiro

 

MANIFESTO EN DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA E DO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO EN GALICIA.

            A situación de deterioración da Atención Primaria Galega está alcanzando un punto de inflexión que pode ser irreversible.

            Continúan os problemas de acceso á asistencia sanitaria coa hexemonía da consulta telefónica, listas de espera inaceptables, ausencia de Médicxs e de Pediatras ou peches de urxencias extrahospitalarias (PAC).

            A Consellaría e o SERGAS, lonxe de adoptar medidas para recuperar os Centros de Saúde, aprobou para este ano uns orzamentos que manteñen un financiamento do 14% do gasto sanitario,  que supón a metade do 25% necesario (según a OMS),  e continúa sen poñer en marcha o Plan Extraordinario e urxente, necesario para solucionar a falta de persoal sanitario, principal responsable do problema. A Consellaría de Sanidade propón únicamente uns cambios ínfimos e ridículos na historia clínica ou na remuneración do persoal, que soporta unha situación de desmantelamento e masificación intolerable, pola política sanitaria do PP.

            Esta situación, esta afectando gravemente á saúde da poboación, colapsando as urxencias hospitalarias, masifición das consultas de AP e mantendo bolsas de pacientes nas lista de agarda nas primeiras consultas, probas diagnósticas ou intervencións cirúrxicas. Os últimos informes do Ministerio de Sanidade reflicten un incremento da mortalidade evitable e xeral, non explicable pola epidemioloxía. Tamén dí que o gasto sanitario por persoa en Galicia é o 2º pola cola!

            Os principais riscos asociados a esta situación, son, que a poboación acepte unha Atención Primaria Pública de ínfima calidade e contratando uns seguros privados enganosos e lixo (que xa soportan, tamén, listas de espera, recortes de probas e intervencións cirúrxicas) e que o persoal sanitario, farto da precariedade, baixos salarios, presión asistencial excesiva e consultas masificadas, acabe queimado e escapando da Atención Primaria. Todo ísto, suporá o fin dun Modelo de Atención Primaria que, con algúns problemas, garantía unha asistencia sanitaria universal, accesible, equitativa e de calidade a toda a poboación galega.

            Desde as Plataformas Sanitarias e organizacións que integramos a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, esiximos, un Plan Extraordinario e Urxente de medidas para afrontar a crise e o desmantelamento actual da Atención Primaria e do Sistema Sanitario Público en Galicia; a aprobación polo Parlamento das propostas da Iniciativa Lexislativa Popular que presentará a Plataforma; o incremento do orzamento sanitario e do gasto en Atención Primaria ata alcanzar o 25% do total; a recuperación de prazas recortadas; un incremento significativo de todalas categorías de persoal dos Centros de Saúde; un Plan para utilizar plenamente os servizos hospitalarios que acabe coas listas de espera acumuladas; poñer en marcha as medidas adoptadas no Consello Técnico de AP e darlle continuidade como Mesa de Negociación para elaborar o Novo Modelo de AP de Galicia...e por suposto, pedir o cesamento inmediato dxs responsables desta gravísima situación.

            Chamamos a toda a poboación e ás súas organizacións e institucións representativas, a seguir recollendo firmas en apoio da ILP “Salvar e Fortalecer a Atención Primaria; manter as mobilizacións de protesta pola situación de deterioro sanitario; realizar pronunciamentos institucionais...e apoiar a Gran Manifestación Unitaria convocada para o día 12 de febreiro na Alameda de Compostela, con remate na Praza do Obradoiro, en Defensa da Atención Primaria e do Sistema Sanitario Público Galego.

É necesario recuperar o recortado polo PP e introducir medidas de mellora, mediante a aprobación dun Novo Modelo de Atención Primaria, acordado coa participación da poboación e o persoal que traballa nos Centros de Saúde.

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".