UGT nas mesas de negociación polos dereitos e condicións laborais dos docentes de relixión

UGT RECLAMA:
- Estabilización do profesorado de relixión.
- Garantir a xornada completa cun máximo de dous centros en itinerancia, dentro dunha mesma área educativa, non superando os 50 km.
- Redución das horas lectivas: 18 en secundaria e 21 en primaria.
- Transparencia na adxudicación de destinos derivada das comisións de servizos de concilia e saúde.
- Redución de tarefas burocráticas que sobrecargan o labor docente. Celeridade na asignación de substitutos e substitutas.
- Redución da xornada lectiva do profesorado maior de 55 anos e restitución dos antiguos "contratos relevo". Aumento da oferta educativa con redución do rateo.
- Redución horaria para titorías, coordinacións e outras funcións.
- Cumprimento efectivo do decreto 157/2022 en canto á sesión lectiva de libre disposición, alternativa á relixión, na etapa de Bacharelato.
- Completar horario con otras actividades.
- Creación dunha materia de libre configuración vinculado ao departamento de relixión.
- Mellora nas medidas de conciliación da vida familiar e laboral.
- Plans de formación dentro do horario lectivo.
- Concurso xeral de traslados anual coa oferta de todas as prazas vacantes.
- Medidas que favorezan políticas de igualdade e de equidade.
- Ampliar o catálogo de enfermidades profesionais.
- Mellora das condicións de permisos e licenzas.
Velaquí a nosa candidatura da provincia da Coruña e o noso programa ó completo. Infórmate tamén dos itinerarios , a distribución por concellos e os horarios xunto cos centros polos que pasará a Mesa 1 e a Mesa 2 .
Velaquí a nosa candidatura da provincia de Lugo e o noso programa ó completo. Infórmate tamén do percorrido da Mesa itinerante.
Como sempre, se tes algunha dúbida, podes contar con nós. Estamos aquí.