Próxima Mesa Sectorial sobre o Anteproxecto polo que se establece o currículo da ESO e Anteproxecto sobre o currículo de varios ámbitos dos ciclos formativos de grao básico de FP

Próximamente seremos convocados á Mesa Sectorial na que se debatirá cos responsables da Consellería de Educación, sobre o Anteproxecto do Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tamén analizaremos o Anteproxecto do Decreto polo que se establece o currículo do ámbito de Comunicación e ciencias sociais e do ámbito de Ciencias aplicadas dos ciclos formativos de grao básico de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. e o Anteproxecto de Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Xuntamos a documentación para que a podas revisar e, se estás interesad@, dende a UGT Ensino escoitamos as túas posibles aportacións e suxestións para presentalas nesta reunión. Por iso, fainos chegar as túas aportacións a través do liberado da túa zona ou escribíndonos ó correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.