Resumo da Mesa Sectorial: Prazas e decreto das OPEs da Lei 20/2021 e concurso de Atención preferente

Resumo da Mesa Sectorial: Prazas e decreto das OPEs da Lei 20/2021 e concurso de Atención preferente

Na reunión da Mesa Sectorial de Educación celebrada no día de hoxe centrámonos no Anteproxecto de Decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas derivadas da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Comezamos por lamentar as declaracións de onte nas que o Conselleiro anunciaba que no curso 2022-2023 non existirá concurso-oposición de reposición. Cremos que o "custo desproporcionado" ó que se alude dos tres procesos non se corresponde coa realidade xa que as prazas ofertadas estaban cubertas anteriormente por persoal interino. Non existe excusa para deixar de convocar as máis de 800 prazas que se derivarán de xubilacións, excedencias... é dicir as prazas de reposición. Pedimos unha rectificación toda vez que a Administración non pode reducir a taxa de temporalidade cunha man e deixar que aumente coa outra. Solicitamos que os dous procesos, tento de estabilización como de reposición, se faga mediante o proceso transitorio.

Pedimos que se nos aclarase por que estas prazas de estabilización, máis de 1200, non se ofertaron en concursos de oposición anteriores. Preguntámonos onde estaban agochadas esas prazas ata agora... Queremos pensar que a partir de agora se faga unha oferta real de prazas de estabilización e de reposición.

 A administración inhíbese ante esta petición que considera que tensionaría o sistema. Trasládanos que a súa pretensión é que antes de iniciarse o curso 23/24 todo este proceso de estabilización estea terminado para seguir coas oposicións ordinarias. 

O número final de prazas que nos traslada a Consellería serán: 

Artigo 3. Cuantificación da oferta de emprego público relativa ás disposicións adicionais sexta e oitava (concurso excepcional) da Lei 20/2021, do 28 de decembro, distribuída por corpos
Corpo de mestres 333
Corpo de profesores de ensino secundario:(incluíndo as de FP que pasarán a secundaria) 595 
Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas 63
Corpo de catedráticos de música e artes escénicas 9
Corpo de profesores de música e artes escénicas 77
Corpo de profesores de artes plásticas e deseño 26
Corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño 8

 

Artigo 5. Cuantificación da oferta de emprego público relativa ao artigo 2.1 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, distribuída por corpos
Corpo de mestres 17
Corpo de profesores de ensino secundario 88
Corpo profesores especialistas de sectores singulares da formación profesional  6
Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas 8
Corpo de catedráticos de música e artes escénicas 1
Corpo de profesores de artes plásticas e deseño 5

Insistimos na nosa proposta de que todas as prazas obxecto do concurso excepcional deben estar dispoñibles no próximo concurso de traslados para o persoal funcionario actual que debería ter a oportunidade de acceder a elas, xa que leva anos esperando por estas prazas. 

Ademáis tratamos sobre a convocatoria do concurso de méritos específico para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente. O Sector de Ensino de UGT-SP parte da necesidade dunha mellor dotación permanente de persoal nos centros independentemente da realización deste concurso. Plantexamos, así mesmo, melloras no articulado como a ampliación do número de prazas que se pode pedir. Do mesmo modo, débense ampliar os prazos de solicitude e de renuncias e reclamación. Por outra banda a especificidade das prazas xustifica que se convoquen a dous profesionais AL e PT no canto de establecer prazas con afíns. Con respecto ó baremo, débense valorar publicacións específicas sobre o tema e tamén darlle máis peso á impartición dun curso da especialidade ou a asistencia ó mesmo. A  Consellería non ve pertinente mellorar o baremo. 

No apartado de varios preguntamos polas datas previstas de resolución do CADP.  A administración traslada que ten como obxectivo a publicación definitiva a principios de agosto para todos os corpos co nomeamente correspondente á día 1 de setembro. Tamén propuxemos a conveniencia de creación de listas de inspectores accidentais. Son precisos, sobre todo en Lugo debido ás xubilacións e situacións de baixa que se están a dar. Respóstasenos que están convocadas 10 prazas para este concurso-oposición e que se adxudicarán inspectores onde se precisen.

Recibida a solicitude por parte do colectivo de profesorado de aulas hospitalarias para que se recoñeza o seu labor como posto de difícil desempeño, así o manifestamos na mesa. A resposta foi que non tiñan, de momento, intención de revisar esa normativa.
Insistimos ademáis nos problemas no rural para establecer horarios condicionados polo autobús escolar. Pedimos, por último, máis dotación de persoal polas necesidades derivadas da chegada do alumnado de Ucraína.

Revisa todos os datos no noso Informa-t

 

 

 

 

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".