Resumo da reunión de Mesa Sectorial do 14/1/22

Resumo da reunión de Mesa Sectorial do 14/1/22

Na reunión da Mesa Sectorial de Educación celebrada no día de hoxe, tratouse o PROXECTO DE DECRETO polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos  docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da CCAA de Galicia para o ano 2022.

A Consellería nos informa da oferta de emprego público dun total de 2628 plazas (1604 do ano 21 e 1024 do ano 2022). O reparto por corpos é o seguinte:

   

Mestres

950

PES

1171 + 298

EOI

45

ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

8 +2

PTFP (convocatoria á espera da publicación da lei de FP)

144

Inspección

10

TOTAL

2628

O reparto de especialidades, á espera de que se publique na convocatoira, atoparédelo aquí.


Dende UGT-SP expuxemos o seguinte:

  • Chámanos a atención que a Consellería de Educación faga pública a oferta de emprego nestas datas, xusto antes da publicación da modificación do RD 276/2007. Parécenos demasiado precipitado apresurarse a realizar esta convocatoria para evitar aplicar unha lei actualizada. Aínda sabendo que na nosa comunidade a taxa de interinos docentes ronda un 7% grazas os Acordos asinados pola nosa organización, nos parece cando menos desleal que se convoque a OPE antes da aprobación das modificacións do RD. Aínda máis,  sabendo que xa se van incluír nesta convocatoria prazas que corresponden ó ano 2022 e que deberían convocarse a través dun sistema transitorio. Polo tanto, e derivado deste despropósito,  solicitamos que se aumente a experiencia docente a 7 puntos como estaba na extraordinaria e non volver ao modelo de catro anos atrás.

Para a Administración as modificacións do RD 276/2007 traen consigo unha inseguridade xurídica e  prefiren blindar esta oferta a través do sistema ordinario.

  • Entendemos que, segundo os datos facilitados, Galicia debería ir ó 120% de taxa de reposición coa convocatoria das 2628 prazas. Pero dada a situación da baixa taxa de temporalidade a Consellería anuncia que irá ao 100%. UGT-SP defende a necesidade de eliminar a limitación da taxa de reposición do 120% ou do 100%. 

A resposta é negativa, limitarán a oferta ao 100% da taxa de reposición.

  • A experiencia demóstranos que as prazas de promoción interna non se cubren na súa totalidade. Demandamos que a Administración se comprometa a cubrir na OPE do ano seguinte a porcentaxe máxima da taxa de reposición de efectivos e non amortizar prazas.

A Consellería responde que a oferta da promoción interna está marcada por lei e que obriga a convocatoria dun 25% das prazas. Son conscientes de que habitualmente quedan vacantes. 

  • Que se aclare taxativamente a obrigatoriedade de presentarse ás oposicións porque non quedou claro nas manifestacións que fixo o Conselleiro  aínda que si se recolle na convocatoria. Pedimos que a redacción do pto inclúa “ dependendo da situación sanitaria na que nos atopemos”.

Non se quitará a obligatoriedade de acudir ao acto de presentación pero se valorará introducir modificacións posteriores se a situación sanitaria o require. 

  • Queremos que se nos aclare no 7.10 sobre as funcións do tribunal, apartado i) a que especialidades se refire cando di “a ser o caso”. Debería poder consultarse a que tribunais se exclúa desa obrigatoriedade. 
  • É importante que a rateo de aspirantes por tribunal se minimice ao máximo, polo que pensamos que a Consellería debería esforzarse para conseguir uns resultados cada vez máis obxectivos e eficaces nas probas selectivas.

 

BAREMO

  • UGT-SP solicita que o tempo traballado no corpo de EOI dun idioma se conte no apartado 1.1 con 1pto e non no 1.2 coa metade da puntuación para secundaria polo menos na especialidade de linguas modernas.
  • Pedimos aclaracións sobre a puntuación do apartado 2.4 b). Pola aclaración que fan no punto 9, enténdese que só se puntuaría o B2. Que pasa se se ten un C1 obtido por proba libre sen pasar polo B2? Debería eliminarse, cando menos, eliminarse a palabra “unicamente”.
  • Debido á necesidade de tempo suficiente para a organización dos opositores, pedimos que non punto 10.3.3 se amplíen os prazos de chamamentos.

A Administración considera que o baremo non necesita ningunha modificación e que se fixo no seu momento con moita cautela e estudiado con profundidade.

VARIOS:

  • Queremos saber en que punto está a actualización das listas.

O Director Xeral informa de que a lista de PT foi a única que se actualizou pero xa se está encima para que o resto das especialidades tamén  actualicen canto antes.

  • Pensamos que se deberían  actualizar os temarios de oposición á realidade actual.

A resposta é que non lles corresponde a eles e que xa levan moito tempo esperando a que se actualicen.

  • Non temos claro se os docentes que participaron nos tribunais de oposicións, cobraron ou non?

Case todos cobraron agás 25 tribunais aos que lles requeriu que presentasen documentación.

  • Opinamos que a declaración responsable está a funcionar ben para a solicitude de subtitut@s e pensamos que é unha mágoa  que non se poida aplicar ós docentes que teñen fill@s pequenos contaxiados. 

Se nos traslada que este é un tema de Mesa Xeral intersectorial e que non depende dun só sector, polo que é imposible aprobar unha declaración responsable ou un deber inexcusable para este efecto.

  • Engadir a especialidade de Intervención sociocomunitaria con código 590108.

Non se cambiaran as especialidades convocadas.

  • Trasladamos á mesa a situación do Conservatorio de Música de Ourense.Por unha parte,estanse cubrindo de forma tardía as baixas, e por outra parte  as substitucións cando se trata de xubilacións. Aínda coñecendo a data destas, a Consellería non permite cargar con suficiente antelación a substitución por xubilación (hai que publicalas 3 ou 4 semanas antes de que se produza a xubilación, saen uns 3 días antes). Como hai moi poucas persoas nas listas para substituír, cando chaman con pouco tempo atópanse que os da lista xa están traballando noutro lugar e non teñen máis xente da que tirar, polo que levan, ás veces, a MESES sen substitutos nalgunhas especialidades (profesores e pais quéixanse pero a Consellería non dá solución). Para evitar estas situacións, pedimos que as listas queden abertas para que se actualicen con maior facilidade e dispoñan de persoal suficiente para realizar as substitucións.

A situación de cátedras está en trámite xudicial no Tribunal Superior de Galicia e ata que se resolva esta cuestión non se pode sacar lista. Ademais hai uns 80 recursos de alzada, a maioría sobre titulacións, das que algunha se estimará. En canto todo isto se resolva publicarase a lista. 

  • Non queremos finalizar a mesa de hoxe sen falar do tema da redución da rateo na aulas. Na situación sanitaria na que nos atopamos xa nos parece un aspecto imprescindible a ter en conta para evitar contaxios. A lección que podemos sacar desta situación está vinculada aos bos resultados académicos obtidos coa atención máis personalizada debido á redución das rateos por aula. O concepto de rateo, dende o noso punto de vista, está erróneo. Ofrécese unha cifra para a rateo máxima na que o sistema é funcional, pero non significa que sexa a cifra idónea. Mantendo esa cifra de 25 en educación infantil e primaria e de 30 en educación secundaria, NON se  pode ofrecer un ensino de calidade. Outro dos argumentos utilizado pola Consellería para eliminar unidades é a baixa natalidade, isto ten que ser unha oportunidade para mellorar a calidade do ensino e non nunha diminución de profesorado. Pedimos que a Administración baixe esa cifra.

 

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".